3ª Autonómica: Dúas pelexas abertas co Cerqueda ao seu


Non frea o Cerqueda na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, a 6 xornadas para o final. Xa son 10 puntos os que saca o cadro de Emilio Uzal aos agora empatados Ameixenda, que descansaba e Coristanco, que non pasaba do empate ante o Laxe. Precisamente esa pelexa será fermosa por ver quen consegue o ascenso directo unha vez que o que non quede ten asegurada unha praza na promoción.
E aí está a segunda pelexa. Lira, Muxía, Nantón e Corcubión están nun pano pelexando por 3 prazas. Queda hoxe fóra, tras caer ante o Lira, o Corcubión, se ben o Nantón troepzou ao non pasar do empate ante o Laxe.
Nantón - Laxe (2-2)
- NANTÓN: Ernesto, Lareu (Patelele, min.80), Carlos (Eloy, min.78), Félix, Diego, Dani Costa (Dani B., min.70), Alberto, Amado, Luís, Martín e Iván.
- LAXE: Jacobo, Djamel, Aarón, Norja, santi, Gora, Caamaño, Dani Pose, Adri Lema, Anxo (Rubén, min.46) e Elías.
- Goles: 0-1, min.3: Anxo tras unha internada de Adri Lema; 1-1, min.43: Luís; 2-1, min.72: Alberto Costa; 2-2, min.89: Adri Lema.
Comezaba durmido o Nantón e adiantábase o Laxe nos primeiros minutos de partido cun gol de Anxo. Comezaba a carburar o Nantón, necesitado de puntos pero estivo moi fallón. As chegadas de Alberto, Luis e Iván eran constantes pero non estaban acertados de cara a porta. Aínda así o Laxe poido facer o 0-2, por medio de Adrián fallando a porta baleira unha vez que xa tiña batido a Ernesto. Ao fío do descanso, Luís conseguiría o gol do empate en xogada individual nunha saída a contra.
Na segunda metade, cun Laxe máis roto, aínda que con algunha chegada perigosa, o Nantón levou máis o peso do partido pero seguía desperdiciando ocasións e os goles non chegaban. Ata que no minuto 72, Albertiño facía o 2-1 de tiro cruzado. Parecía que o Nantón tiña o partido controlado, xogando a conservar o marcador, pero na última xogada do encontro o Laxe acadaba o definitivo empate noutra xogada de Adri Lema a dous co reparto de puntos para os dous equipos.
Cerqueda - Castrelo (3-0)
- CERQUEDA: Ángel (Gesto, min.75), Sergio, Atu, Dani, Javi Pazos, Pablo (Javi, min.52), Alberto Verdes (Uru, min.60), Lorenzo, Luchi, Darío e Martín (Juanjo, min.65).
- CASTRELO: David Buxantes (Caamaño), Marcos (Berdoias), Pichón, Quintáns, Raúl (Víctor), Capote, Luís (Diego), Stiven, Roi (Cachi), Elvis e Rafa.
- Goles: 1-0, min.20: Martín; 2-0, min.37: Pablo a pase de Lorenzo; 3-0, min.57: Alberto Verdes, de novo de falta directa.
Partido lento polo calor que facía en Xaviña, igualado, sen un dominador claro, e cuns primeiros minutos de tanteo dos dous equipos ata que Martín no minuto 20 remataba de cabeza unha falta botada por Alberto para abrir o marcador.
O Castrelo seguÍa co seu papel de intentar chegar combinando á portería local e tivo 34 boas para igualar con boas entradas por banda de Roi que non atopaban rematador. E cando mellor estaba o equipo deportivista a gran pegada do Cerqueda marcaba o 2-0 nunha internada de Lorenzo que cedía para que Pablo marcase a porta baleira na que os visitantes pedían fóra de xogo.
Á saída do segundo tempo, o Cerqueda estaba máis dominador pero tamén o Castrelo tivo varias chegadas, sobre todo un man a man de Elvis e un disparo de Capote que non atoparon portería. Si que a atopaba, e de que xeito, a falta directa de Alberto Verdes, que volveú demostrar a súa calidade con outro gol dende o borde da área para sentenciar.
Xa non podía o Castrelo pero foi polo gol da honra, se ben o porteiro suplente Caamaño que paroulle 2 mans a mans a Darío que este buscaba achegarse a Luís do Nantón na carreira polo pichichi.
Aquí os goles do Cerqueda:
Cerqueda 3 Castrelo 0Goles de Martin Castro , Pablo e Alberto Verdes .
Posted by Unión Deportiva Cerqueda on Domingo, 12 de Abril de 2015
Coristanco - Muxía (2-2)
- CORISTANCO: Nacho, Jose (Javi, min.70), Sergio, Mato, Marcos, Pazos, Andrés (Joni, min.60), Gonzalo, Juan (Moreno, min.65), Ivi e Iván.
- MUXÍA: José Antonio, Currás, Ruso (Maca, min.46) (Antonio, min.85), Juan (Julián, min.60), Martín, Javi, Conguito, Gerardo, Peski (Marco, min.83), Jony e Arxires.
- Goles: 0-1, min.7: Javi de cabeza remata un saque de banda longo; 1-1, min.20: Ivi; 2-1, min.38: Ivi; 2-2, min.80: Peski.
Partido importante cun Coristanco loitando polo ascendo directo e un Muxía, no seu mellor momento da temporada, asegurando praza na Promoción. Comezou moi forte o equipo de Suso Rey, marcando nada máis comezar nunha xogada a balón parado. Pero o Coristanco reaccionaba e se Ivi mandaba ao pau unha xogada de Juan, a seguinte non perdoaba e facía o empate, e pouco despois asinaba o segundo.
Saía na procura do empate o cadro roxiño que controlou moi ben as intentonas dos verdes e ademais tivo ocasións para empatar, sobre todo a balón parado. Non chegaba ata o min.80 o empate por medio de Peski, pero acabou asinando un xusto empate.
Lira - Corcubión (4-2)
- LIRA: Peipo, Eloy, Pardelo, Miky, Pelos, Estrella, Germán, Pata, Fran Prico, Saúl e Manu. Tamén: Adrián Porto, Santi, Deme, Oli e Josiño.
- CORCUBIÓN: Checho, Beto, Isma, Lema, Javi, Goche, Mario, Alán, Toja, Gorka e Lourido, Tamén xogaron: Mini, Germán, Mesejo, Sito e Javi Floreal.
- Goles: 1-0, min.15: Saúl; 1-1, min.36: Lourido; 2-1, min.42: Fran Perico; 3-1, min.52: Manu; 4-1, min.77: Manu; 4-2, min.85: Mini.
- Lesión: o visitante Beto.
Tiñan medo os lirachos polas Festas dos Remedios Novos pero responderon os rapaces cun bo partido ante un Corcubión que acusou demasiado o gol antes do descanso de Fran Perico que rompía a igualada tralo gol inicial de Saúl e o empate de Lourido.
O gol de Manu á saída dos vestiarios acabou co choque.
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.29: O Cerqueda dá o salto e deixa dúas loitas abertas.
- X.28: O Coristanco pelexará o ascenso co Ameixenda.
- X.27: O Cerqueda cae tras 14 partidos e o Ameixenda recupera espazo.
- X.26: O Coristanco abre a pelexa polo ascenso directo.
- X.25: O Muxía métese, por fin, en postos de Promoción.
- X.24: 3ª Autonómica: A Mikaela e o Muxía case poden co Cerqueda mentres o Ameixenda adica a vitoria a Manolín.
- X.23: Vía libre para Cerqueda e Ameixenda.
- X.22: 8ª vitoria do Cerqueda e paso atrás do Muxía.
- X.21: O Cerqueda vai sen freos.
- X.20: O Cerqueda pega de novo.
- X.19: O Ameixenda recupera o bastón de mando.
- X.18: O Cerqueda toma o relevo do Ameixena.
- X.17: A 3ª Autonomica comeza o ano con moitos goles e goleadas.
- X.16: O Ameixenda pecha un gran ano baixando unha marcha.
- x.15: O Corcubión freou ao Ameixenda.
- X.14: O Ameixenda non ten parada.
- X.13: Todos xogan.
- X.12: 5 equipos á caza do Ameixenda.
- X.11: O Cerqueda amosa crecendeciais ante o Ameixenda.
- X.10: O Ameixenda non sabe perder e o Castrelo xa sabe gañar.
- X.9: O Ameixenda pecha imbatido unha apretada primeira volta nunha atípica xornada de goleadas.
- X.8: O Ameixenda escapa.
- X.7: O Ameixenda tamén gaña sufrindo.
- X.6: O Ameixenda aproveita o descanso do Lira e xa se pon de líder.
- X.5: O Lira non cede e tira de fortuna.
- X.4: O Lira ponse ao mando.
- X.3: Igualdade e moita tensión.
- X.2: O Lira ponse ao mando.
- X.1: A 3ª Rexional das 4 voltas xa está en marcha.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: O Castriz dá adeus á Liga ante un Zas que non cede e demostra señorío.
- 1ª Autonómica: O Baio afunde á Esteirana.
- Preferente: Pleno para respirar.
- Resultados e análise dunha soleada xornada no Fútbol da Costa con títulos decididos.
Primeiros títulos colleitados
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
