Sábado. 18.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Baio afunde á Esteirana

1ª Autonómica: O Baio afunde á Esteirana
Homenaxe a Pombo no Malpica-Sigueiro-Foto-Luis Porto

Xornada importante esta 30 da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. I é que o derbi costeiro entre Baio e Esteirana deixa ao cadro blaugrana moi tocado. Con 12 puntos por xogar os esteiráns teñen que superar unha desvantaxe de 6 puntos e 3 equipos coa salvación.

Unha xornada que veu marcada ademais pola homenaxe que lle brindou o Malpica a Pombo no primeiro partido en Pedra Queimada dende o pasamento do meta malpicán. Unha homenaxe á que se apuntou un señor Sigüeiro.

No deportivo, polo demais, o Baio supera a unha SD que non pasou do empate en Agolada pese a merecer máis, e ambos teñen a praza de promoción relativamente preto. Na zona morna, Malpica, Corme e Soneira forman un grupo compacto, quedando á Esteirana aínda no posto de pechacancelas.

A Clínica Vértebra, coa fisioterapeuta Berta Reimúndez e a podóloga Alicia Novás, patrocina a 1ª Autonómica e espérate en Baio. Coñéceas en Facebook

Baio - Esteirana (1-0)

  • BAIO: Pollo, Yago, Porto (Martín, min.46), Mario, Fachal, Norber, Brais, Bieito, Rubio (Saleta, min.56), Christian (Eloy, min.83) (Ramón, min.89) e MC.
  • ESTEIRANA: Ramón, Code (Pablo, min.75), Simón, Rafa, Dani Rama, Martín, Adri (Andel, min.70), Álex, Jose (Tonío, min.80), Kike e Róber Pladur.
  • Gol: 1-0, min.71: MC.
  • Expulsión: o esteirán Róber Pladur no min.30.

Era un día importante no Platas Reinoso pois ademais da importancia do choque, sobre todo para os esteiráns, o decano do fútbol costeiro celebraba os seus 51 anos de historia.

Con moita calor, arrincaba o choque moi igualado, con ocasións polos dous bandos. A máis clara, un penalti que marraba MC para o cadro local aos 20 minutos cunha boa intervención de Ramón. Pouco despois chegaba a xogada clave do partido, a expusión de Róber Pladur que deixaba moi tocado ao cadro visitante.

Xa dominaba territorialmente o cadro de Félix e o dominiou aumento ata o final da primeira, cun equipo visitante que non podía chegar con perigo a meta de Pollo máis que con tiros lonxanos.

O Baio non tiña presa, combinaba con paciencia para intentar superar a rede dos blaugranas. E nunha desas xogadas chegaba unha boa xogada trendaza entre Yago e Christian, quedando o balón rebotado para MC que fusila ao fondo das mallas. Non puido repoñerse nos últimso 20 minutos o cadro esteirán, xa moi canso e o partido esmoreceu.

Unha derrota que pode saírlle cara ao cadro esteirán, pois con 12 puntos por xogar, está a 6 da salvación. A semana que vén, recibe ao Corme na Salina.


Corme - Lesende (3-3)

  • CORME: Javi. Adolfo (Samuel, min.81), Alejandro (Jose, min.70), Josiño, Pandi, Sergio Sueiro, Juan Chans (Brais Torrado, min.88), Diego (Joshua, min.70), Brais, Lucas e Alejo.
  • Goles: 0-1, min.25; 1-1, min.33: Sergio Sueiro; 1-2, min.36; 2-2, min.44: Alejo; 2-3, min.79; 3.3, min.86: Sergio Sueiro.

Ata en 3 ocasións tivo que levantar o Corme un resultado adverso ante un Lesende que viña moi necesitado de puntos e así o demostrou facendo un bo partido. Pero os cormeláns non quixeron romper a súa boa racha de 10 partidos sen perder que o sitúan na 9ª praza. Pegaba primeiro o cadro do Lesende, pero Sergio Sueiro en dúas ocasións e o de sempre, o pichichi da categoría, Alejo, conseguían un empate que lles serve aos de Lentejo para manter o nivel.


Malpica - Sigüeiro (2-0)

11 do Malpica contra o Sigueiro-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Abraham; Adrián, Diego, Pablo Díaz, Alemán, Rancaño, Fernando Varela, Cheo, (Diego Alonso, min.80) Cololo (Rodrigo, min.90), Joel Pereiro (Esteban, min.84) e Martín Mara.
  • Goles: 1-0, min.47: Cololo de penalti por unhas mans a tiro de Joel; 2-0, min.52: Cololo de penalti por mans a un centro de Cheo.
Cololo-marcou-dous-penaltis-na-porteria-de-Pombo-Foto-Wash-Calvo

Arrincaba dun xeito moi emotivo o choque en Pedra Queimada, cunha rendida homenaxe a Pombo no primeiro partido en casa do cadro malpicán despois da traxedia. Dous ramos de flores (o Sigüeiro quixo aportar o seu gran de area e trouxo un) na súa portería e dous equipos gardando un minuto de silencio na hora do bravo meta cabanés.

Arrincaba o choque moi igualado, con alternativas e se nun lado Cololo, Cheo, Joel e Adrián combinaban facendo moito dano, na outra, Abraham tiña que esforrse en varias chegadas dos visitantes.

O partido decidiuse nos primeiros dez minutos da segunda parte nos que o Malpica tivo catro oportunidades de gol seguidas, dúas das cales terminaron en penalti con goles de Cololo. O Sigüeiro deu sempre sensación de perigo en Pedra Queimada pero onte a defensa do Malpica, na que destacou o porteiro Abraham, mostróuse bastante segura.

Malpica-Sigueiro-Foto-Wash-Calvo

Puebla - Soneira (3-0)

  • SONEIRA: Anxo, Figueroa, Fran de Urroa, Brais Mouzo, Alberto, Sandelo, De la Sierra, Richi, Basti, Nazo e Javi. Tamén; Chans, Josiño, Mayor.
  • Goles: 1-0, min.37; 2-0, min.54; 3-0, min.80.
Choque do Soneira na Pobra-Foto-Oscar

Merecida derrota do Soneira no terreo de xogo dun dos de arriba. Unha primeira parte igualada con ocasións para os dous equipos e unha segunda na que o Soneira non existiu. Xa no minuto 6 avisaba o Puebla nun balón ás costas da defensa no que o dianteiro se planta nun man a man que salva Anxo. O Soneira ata o minuto 12 non chegaría á meta contraria cun balón de Javi que deixa a Richi e este engancha unha volea que se vai fóra por pouco. Un Richi que rozou o gol noutra internada pouco despois de Basti, pero pasada á media hora, e a balón parado, chegaba o primeiro gol local. Reaccionaba o equipo de Manolito que un minuto despois metía a Basti ás costas da defensa pero sen acerto e Sandelo chutaba dende a frontal pero o longueiro repelía o trallazo.

Aí case desaparecería o Soneira. Antes do descanso Anxo tiña que lucirse de novo, e trala volta dos vestiarios, o Soneira non inquedou a meta local, ante un equipo que se armou ben dende atrás que ademais aproveitaba moi ben as súas chegadas. Sobre todo tralo segundo, aos 10 da segunda, o Soneira baixou os brazos.

Só tivo un aliciente a segunda, a lesión do colexiado que obrigaba a un asistente a colocarse de colexiado deixando unha banda sen liña.

Soneira na Proba-Foto-Oscar

Agolada - Sofán (1-1)

  • SOFÁN: Lerma, Ceide, Leilán, Félix Garrote (Seo, min.58), Sito, Rubén, Martín (Míchel, min.49), Maneiro (Méndez, min.71), Bertín, Raúl e Luís.
  • Goles: 0-1, min.12: Raúl remata de cabeza un córner botado por Ceide; 1-1, min.27.
  • Expulsión: o sofanista Leilán no min.88.
Agolada-Sofan-Foto-SD

Moita calor e o Sofán volveu cun só punto do campo de Agolada, a pesar de merecer algo máis. Os de Josito levaron o peso do partido sobre todo nunha gran segunda metade na que non estiveron acertados cara gol.

A primeira foi máis igualada e ao gol inicial de Raúl respondeu o cadro local con arrestos. Pero no segundo tempo foi un monólogo visitante. Bertín tiña as mellores ao comezo da segunda metade, Méndez estivo a piques de darlle a vitoria e case que co tempo cumplido e co equipo volcado, unha serie de córner na parte final puideron decantar o choque para os sofanistas.

Aquí vedes o gol da SD:

0-1 de Raúl !!

Posted by SD SOFAN on Domingo, 12 de Abril de 2015

Crónicas da 1ª

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colaboran Oscar Basalo, Martín, SD Sofán, Luís Porto, CD Baio e Fin Lema.

Comentarios