Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Cantina, campión da Liga de FS de Cee

A Cantina, campión da Liga de FS de Cee
Os xogadores da Cantina celebrando no meson fisterran o titulo de Liga da FS de Cee

A falta de unha xornada para o remate, o cadro fisterrán da Cantina celebrou xa o título de 1ª División da Liga FS Cee. Non se presentaba esta semana o Ferroatlántica, e eses 3 puntos danlle o título, pois sacan 4 ao Est. Raquel, equipo muxián que estivo moitas xornadas como líder, pero que dende o choque directo fronte aos fisterráns desinchouse.

Os fisterráns celebraron no mesón patrocinador, a cea de celebración do título, así comoo pichichi acadado por Bruno, o dianteiro do Cee que sumou nada menos que 35 goles en 17 partidos, 9 máis que Ángel do Sar (26) e 13 que Miguelón, do Máis Deporte (22).
Foi Papi, o meta do Est. Raquel, e outros dos xogadores das Ligas da Costa, o porteiro menos goleado con 28 goles, polos 35 de Fran do Sar.

Pesc. Corcubión e Ferralla San Mamede, a 1ª

Liga FS Cee-ferralla sanmamede

E a falta dunha xornada temos tamén os equipos que ascenderán á 1ª División. Pesc. Corcubión e Ferralla San Mamede aproveitaron o tropezo de Pan. Pichín para alonxalo e asegurar o ascenso. Ocuparán as prazas dos Carnés e Autolunas Talleres Xallas, xa descendidos dende hai moitas xornadas.

En 2ª, é o veterano Fran Pioto, co Estrella Roja, o equipo que queda daqueles eternos campións, con 30 goles o pichichi da categoría, polos 24 de Isma, do Bar Toba. A pelexa polo porteiro menos batido está fermosa, con Trillo do Pesc. Corcubión con 33, polos 35 de Víctor do Ferralla SM e os 36 de Bouzón, porteiro do Pichín.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios