Martes. 07.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Castriz dá adeus á Liga ante un Zas que non cede e demostra señorío

2ª Autonómica: O Castriz dá adeus á Liga ante un Zas que non cede e demostra señorío
O Zas amosa o seu senorio con Piti-Foto-Nuria Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Xornada importante esta a 30ª da 2ª Autonómica - ES Bazarra, cando restan só 4 para o final. E por arriba, o Zas, que ademais de gañar e manter a vantaxe, fixo gala do seu señorío entregando un recoñecemento a Piti pola demostración de xogo que fixo en San Andrés na ida, e despois superou, non sen dificultades ao cadro laranxa. Por detrás parece que o Castriz se baixa do carro nesa pelexa polo título pois o seu empate en Ponteceso deixa aos de Esteban a 8 do liderato. Aínda queda a pelexa pola segunda praza, con Outes e San Lorenzo, que non fallaron a 4 e 5 puntos do cadro zaense.

Por abaixo a xornada tamén foi importante. Sobre todo para o Montelouro que se meteu de cheo na pelexa por evitar o descenso tras vencer ao Baíñas e aproveitar os tropezos de Cabana e Seaia. Parece que o Porteño escapa da zona baixa, e igual que Camariñas, Cee e Ponteceso están xa case safos. Pero o mal resultado da Esteirana deixa, posiblemente, unha praza máis de descenso, polo que Cabana, Seaia e Montelouro se pelexarán por evitar os dous postos que acompañarán ao Camelle no descenso. Os tres chegan á recta final cun só punto de diferencia a favor do Cabana.

O Montelouro celebrando no vestiario unha vitoria importante-Foto-Edu Olveira

Camelle - Porteño (1-5)

  • CAMELLE: Felisiano, Peseta, Sikario del Amor, Lado (Josecho, min.46), Valiña, Macho, Martín, Tedín, Dimitri, Sergio e Tonsón (Felipe, min.46).
  • PORTEÑO: Suso (Brais, min.80), Gabi, Manu, Pejo, Maikol, Caamaño (Jose, min.60), Iago, Cristian (Curra, min.70), Meu Lar (Marcos, min.55), Roi e Iván Figueroa (Wii, min.65).
  • Goles: 1-0, min.3: Sergio de penalti; 1-1, min.6: Iván Figueroa; 1-2, min.12: Iván Figueroa; 1-3, min.26: Roi; 1-4, min.30: Caamaño; 1-5, min.62: Pejo.
Ambientazo no Rodeiro para o derbi camarinan-Foto-CF

Fermoso derbi no Rodeiro, con moita xente nas bancadas para ver un partido algo descafeinado. I é que esta non é a temporada do cadro camellán, que tiñan un partido para loitar pero ao que volvía chegar sen porteiro (na primeira quedous o xogador de campo Felisiano que cambiou polo tamén xogador Felipe no descanso) e con varios membros tocados.

Así e todo saíron moi metidos no partido e aos 5 minutos se adiantaban os de varu dende os 11 metros. Pero pouco durou a alegría. Iván Figueroa, que debutaba no equipo de Roski, dáballe a volta ao marcador en menos de 10 minutos, e aí desaparecía o cadro local, facendo 2 goles máis antes do descanso e deixando a segunda metade de mero trámite.

Importante a vitoria do Porteño que aproveirou as derrotas dos seus tres rivais e pega un estirón, deixando a 5 puntos o teórico descenso.

Calor no Rodeiro no Camelle-Porteno-Foto-CF

San Lorenzo - Seaia (3-1)

  • SAN LORENZO: Diego, Rudi, Álex Figueiras, Pablo Novo, Álex Taibo, Adrián Fraga, Fuentefría, Anxo (David, min.70), Omar (Cachizo, min.30), Juni e Óscar (Joaquín, min.65).
  • SEAIA: Illote, Adra, Adrián, Moisés, Javi Rañal, Miguel, Eme, Nando, Tato, Camilo e Felipe. Tamén: Cristian, Javi e Ricardo.
  • Goles: 1-0, min.8: Juni; 2-0, min.28: Óscar; 3-0, min.55: Adrián; 3-1, min.65: Nando.
  • Lesión: o local Omar.

Púxose pronto de cara o choque para os de Pedro Gómez, que tardaron en sentenciar ante un Seaia que o deu todo e que estivo a piques de sacar algo positivo do complicado campo de Verdillo. O Seaia comezou arrinconado por un comezo fulgurante dos locais, que sufrían unha nova lesión, a de Omar, deixando un plantel de 24 xogadores con só 14 sans a estas alturas.

Perdoaban Juni e Óscar dúas boas ocasións na primeira e Fuentefría e Juni mandaban aos paus na segunda antes de que Adrián sentenciase. E iso que o Seaia fixo unha gran segunda metade, xogando ben, recrutando e tendo boas ocasións para apretar o partido pero malia pedir mesmo un penalti non puideron recurtar distancias os de tato.


Fisterra - Cabana (3-0)

  • FISTERRA: Norberto, Juan, Robertín (Noé), Julito, Rubia (Gabi), Santi, Roco, Guardiola (Cristian), Roa, Pablo Lestón (Mané) e Adrián.
  • CABANA: Anón, Raúl (Adán), David (Reigía), Iván de Treos, Charly, Aurelio (Eloy Pereira), Miky, Moreno, Dani Mato, Fernando (Iván Mato) e Manolo do Cruceiro (Berti).
  • Goles: 1-0, min.55: Guardiola; 2-0, min.86: Roa; 3-0, min.89: Mané.
  • Expulsión: o fisterrán Juan no min.55.

Partido máis igualado do que sinala o marcador cun Cabana que estivo preto do gol durante o treito final pero viu como era o cadro local o que sentenciaba. A primeira metade foi de claro cor verde, pero con poucas ocasións. O primeiro gol non chegaba ata a segunda metade cando Guardila abría o marcador, pouco despois da expulsión de Juan.

Con 10 o equipo de Nacho tivo que replegarse ante un Cabana de Raúl Periscal que estiraba liñas. Sen embargo as saídas locais eran máis perigosas que na primeira metade ante un Cabana que dominaba o balón e territorialmente. Moi serios estiveron os fisterráns esperando o seu momento e combatindo as embestidas cabanesas ata que nos últimos 5 minutos chegaron os tantos da sentenza.


Volantes - Zas (2-3)

Zas e Volantes no Eleuterio Balayo-Foto-Nuria
  • VOLANTES: Marcos, Suso (Moja), Juan, Mingos, Javi, Jesús (Mayuyo), Brais, Óscar, Ivi (Rubén), Fran e Piti.
  • ZAS: Rizos, Josito, Pereiro, Fabián, Martín (Fabián, min.65), Canedo, Peke (Pablo, min.74), Abel, Rubio, David Blanco e Álex Flores.
  • Goles: 0-1, min.11: Óscar tras un rexeite a un saque de banda; 0-2, min.59: Juan de cabeza á saída dun córner botado por Ivi; 1-2, min.71: Rubio de tiro axustado; 2-2, min.73: Álex Flores en xogada persoal dende a banda; 2-3, min.75: David Blanco nun balón ó espazo tras regatear ao porteiro.
Detalle do Zas con Piti

Arrincaba o choque co fermoso detalle do Zas que lembraba e agradecía a demostración do xogo limpo de Piti recoñecendo que non era penalti unha xogada no partido de ida en San Andrés. Gran detalle da directiva zaense, dende logo.

Pero no choque non había concesións. O Zas necesitaba gañar si ou si para manter a renda, e o Volantes, que viña nunha xeira mala de xogo e resultados, deu a cara e competiu de marabilla ata que o físico permitiu, tendo en conta que as lesións están mermando moito aos de Felipe.

Na primeira metade adiantouse o Volantes nunha primeira metade dos de Iván Cancela, que non atoaban o sitio. O Volantes, que non creaba moito peligro, que non sufría e mantiña a vantaxe. Respondía David Blanco con dúas ocasións moi claras e un balón ao pau, pero tamén o cadro laranxa fallaba unha boa contra. Marcaba o segundo o equipo laranxa e o Zas esperataba volcándose sobre a meta de Marcos. En en apenas 5 minutos de total acerto, as tres figuras do equipo zaense marcaban as diferencias en sendas xogadas individuais. A calidade de Rubio, Álex Flores e David Blanco deron conta do partido. Tras o terceiro do Zas, o Volantes colgou balóns ben defendidos ante un Zas que tamén puido sentenciar con algunha contra.


Outes - Cee (4-1)

  • OUTES: Gato, Borja, Saúl, Chúa, Jura, Davi (Babu), Martín, Piki (Martín lago), Mario (Rafa), Yago (Fabio) e Elías (Samuel).
  • CEE: Maikel, Jorge, Senlle (Álex, min.55), Borja, Aitor, Paco (Sergio, min.75), Josiño, Hidalgo (Xavi, min.70), Isma, Leo e Juan oBello.
  • Goles: 1-0, min.10: Elías; 1-1, min.20: Leo a centro de Isma; 2-1, min.40: Piki; 3-1, min.53: Davi; 4-1, min.89: Yago.
  • Expulsión: o ceense Juan oBello (min.54).

Principio de partido igualado, aínda que o Outes foi impoñendo a súa superioridade física nas disputas ante un Cee que volcía chegar tocado con 3 xuvenís titulares no 11 de Rafa. Os de Manu Roque arrincaron moi ben pero no min.20 unha contra ceense acaba con centro de Isma e gol de Leo. A partir de aí entráronlle dúbidas ó Outes e o Cee foi superior ata o gol de Piki, ao fío do descanso, que foi clave para o devir do partido.

Empezou outra vez igualada a segunda parte pero o Outes fixo o 3-1 ós 10 da reanudación, e na mesma xogada o árbitro expulsou a Juan oBello por protestar fóra de xogo no gol eacabando aí o partido. Ata o final foi superior o Outes e puido marcar algún gol máis, ainda que tamén tivo Borja e Leo un par de chegadas para recurtar.


Baíñas - Montelouro (0-1)

Marcelo entrenador do Montelouro-Foto-Edu Olveira
  • BAÍÑAS: Sergio, Héctor, Luís, Iván, Rodri, Vilas, Tasky (Pablo Muíño, min.55), Esteban, Cristian, Jaime e Javi Suárez.
  • MONTELOURO: Isma, Pablo, César, Dani Corniños, Pedro (Abel, min.70), Edu, David, Geiko (Ancho, min.50), Raúl (Pesi, min.80), Gelo e Riky.
  • Gol: 0-1, min.60: Pedro.
Gol de pedro para o Montelouro ante o Bainas-Foto-Edu Olveira

Partido para esquecer do Baíñas e para recordar para un Montelouro que ve a luz. Moi enchufado estivo durante todo o partido, consciente do que se xogaba o cadro de Marcelo, ante un equipo de Pablo Mallón que malia vir nun bo momento non puido manter a intensidade ao non xogarse nada e que case dá a liga por rematada. Ademais, Mallón contaba con só 12 xogadores e se ben non se quixeron vender, non tiveron o seu día.

O cadro loureán puxo sobre todo gañas de gañar e por momentos, bo fútbol. Pero foi a intensidade a que decantou o choque, ademais do gol de Pedro á hora de xogo. Aguantou perfectamente a última media na que aínda puido sentenciar nalgunha contra ante un frouxo cadro vimiancés.


Ponteceso - Castriz (0-0)

  • PONTECESO: Brais, Diego Collazo, Moscoso, Dani Cotelo, Javi Peón, Juanma (Pablo Márquez, min.80), Albert Recarey, Mendieta, Dieguito (Valle, min.70), Youssef (Kevin, min.55) e Brais.
  • CASTRIZ: Diego, Velo (Cili, min.64), Dani Martínez (Sergio Gerpe, min.87), Géliz, Martín Uruguaio, Martín Gemelo (Luís, min.58), Bruno, Adrián Prol, Adrián Beiroa, Chinda e Agra.

Partido igualado, marcado polo calor, no que ningún dos dous equipos foi quen de romper a igualada inicial e que pode ser o adeus do cadro xalleiro á pelexa polo campionato. O Ponteceso de Barca arrincou mandón, tomando o balón e avisando con dúas chegadas de Brais claras. Pero chegaba tamén o equiopo de Esteban, deixando un partido vistoso, a pesar do resultado, para os afeccionados.

Na segunda o partido foi de cor rossonera. Os xalleiros tomaron o mando e impuxeron o seu tirmo chegando á meta de Brais, pero sen acerto cara gol. Tiveron ocasións para romper a igualada Beiroa, Luís e un tiro de Agra dende lonxe, pero non superaron a Brais.


Mazaricos - Carnota (1-0)

  • MAZARICOS: Marcos, Chico (Casais, min.60), Esteban, Ramón, Matías, Ferreiro, Ricardo, Estéfano, David, Cabrexo (Coxo, min.60) e Chenel.
  • CARNOTA: Luís, Niko (Manolo Chouza), Ferreiro, Pichín, Tono (Andrés), Raúl (Míchel), Nakata, Cano, Pumuki, Manuel Luís (Berni) e Robi.
  • Gol: 1-0, min.59: Chenel aproveita un mal despexe e a cola de vaselina.

Partido típico despois dun parón de 2 semanas, entre o calor e o parón, o partido tuvo un ritmo alterno. O Mazaricos estivo moi serio en defensa ante un Carnota que fixo un gran partido, tendo boas ocasións pero sen acerto cara gol.

En todo caso, non foron as chegadas as protagonistas nun choque no que o balón se disputou no medio campo e que merecía rematar en empate. O gol da vitoria local chegou gracias á picardía e calidade de Chenel, que aproveitaba un mal despexe para marcar de vaselina. Contra o final o Carnota veuse arriba e achuchou pero a defensa amarela pelexou ben e mesmo puido sentenciar o cadro de Nestór nunha contra que marrou David a portería baleira.


Camariñas - Buño (4-1)

  • CAMARIÑAS: Pablo, Nico, Martín, Darío, Sule, Saviola, David (Brais, min.75), Denís, Mario (Martín, min.65), Javi (Ismael, min.55)e Yuyo.
  • BUÑO: Víctor, Eloy, Diego, Rubén, Casais; Miguel (Jorge Pombo, min.60), Jorge Calvete, Emilio (Uru, min.60), Fran; Dani Calvete e Juan.
  • Goles: 1-0, min.10: Yuyo; 2-0, min.20: Yuyo; 3-0, min.60: Mario; 3-1, min.70: Diego de penalti; 4-1, min.80: Sule.

Bo partido do Camariñas que superou ao Buño. Comezaba trepidante o encontro e Yuyo, en dúas boas saídas, puña en vantaxe aos de Gerpe. Tocaba ir a remolque aos de Chema Rivadulla intentando roubarlle o dominio aos locais, pero o Camariñas saía moi fácil ás contras, perdonando máis goles.

Estaba máis necesitado o cadro camariñán para asegurar a permanencia e estes 3 puntos serven para respirar.


Crónicas da Liga da Costa

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios