Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Estrea dispar dos equipos costeiros na Preferente

Estrea dispar dos equipos costeiros na Preferente
O Dumbría disfrutou da primeira xornada O Dumbría disfrutou da primeira vitoria na estrea en Preferente Clásica xornada inicial de liga na Preferente Norte, onde algún peixe pequeno lle meteu o dente ó grande. Sen dúbida o que mellor pesca levou foi o Dumbría, na súa volta á categoría, derrotando a todo un As Pontes, cheo de figuras, que se adiantou no marcador por medio dun dos dianteiros estrela da competición, Eloy, pero que sucumbiu ó acerto de dous xóvenes goleadores costeiros, Marcote e Yuyo. Tres puntazos para os de Lobelos. Outro da mesma fornada que Marcote, Juan de Dora, deulle os puntos á S.D. Sofán. Non foi o mellor partido da SD ante un correoso debutante, o San Tirso, pero cando tes xogadores como Juan, que poden anotar gol en calquera xogada, sempre hai posibilidades de que os puntos se queden na casa. Así foi nun balón parado que pescou o de Louro para volear ó fondo da rede. En Arzúa, pouca pesca para o Xallas. Un dos dianteiros mais perigosos da categoría, Iván, foi demasiado para un Xallas dominador pero que non foi quen de parar as contras do Arzúa. Un 3-0 ós 25 minutos fora da casa é unha costa arriba moi dificil de superar, ainda que os de Noe non deixaron de intentalo ata o final.

Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

 

Comentarios