Venres. 29.03.2024
El tiempo

Resumo da xornada: Unha mala tarde tena calquera

Resumo da xornada: Unha mala tarde tena calquera
  Imaxe do choque do Sofán nas Pontes Imaxe do choque do Sofán nas Pontes Nin unha soa victoria nos encontros dos 7 representantes costeiros nas categorías de Preferente e 1ª Autonómica. Ben é certo que non todos os resultados teñen o mesmo sabor de boca, sobre todo os valiosos puntos de Dumbría e Fisterra a domicilio, pero é de esperar que posteriores tardes sexan algo mellores que esta. Todos os resultados en www.futboldacosta.com. En Preferente, igualada no derbi. Nun clásico partido destas características, ambos equipos arriscaron pouco, quizais algo mais o Xallas por eso de ser local, e as ocasións foron escasas. Xusta igualada a 0. Diferente foi a actuación da S.D. Sofán en As Pontes. Dous temperáns goles a balón parado dos locais deron por finiquitado o encontro, e a SD foi unha caricatura de equipo o resto do partido. En 1ª Autonómica, derrotas a domicilio do San Lorenzo en Bastavales e o Soneira en Piloño. Os soneiráns tiveron claras ocasións pero non foron quen de igualar o gol local, e o San Lorenzo pagou un mal inicio de partido e non foi quen de levantar o marcador. Baio e Fisterra levaron 1 punto ambos: os baieses mereceron mais pero a súa falta de puntería na finalización penalizounos negativamente. O Fisterra, pola súa banda, adiantouse pronto e puido sentenciar o partido, pero acabou levándose a igualada dun dos campos mais difíciles da categoría.

Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

Comentarios