Martes. 17.09.2024
El tiempo

Revisando a historia do Corme F.C e do Ponteceso S.D

Revisando a historia do Corme F.C e do Ponteceso S.D
Historia do Futbol da Costa 50 anos ponteceso O vindeiro venres, 15 de abril, ás 20:30 da tarde, nova parada de Xosé Mª Rei Lema e Xosé Mª Lema co seu ilbro “50 nos de historia do fútbol da Costa”. Desta vlta será na Biblioteca municipal do concello de Ponteceso, e os autores repasarán a historia do Corme F.C e do Ponteceso S.D. Suso da Torriña e Jose Manuel Mato presidirán o acto. Ademais, os autores baixarán o prezo para a ocasión, e poder levar para casa esta verdadeira enciclopedia do fútbol costeiro. Lema Suárez comenta nas redes sociais que "non sabemos se o bardo bergantiñán tivo coñecemento do "foot-ball" (daquela escribíase así, á inglesa, e pronunciábase 'fu-ból'). Quizais non, pois aínda se introduciría nas vilas da Costa da Morte na década de 1920 (e de que maneira!). O novo deporte non lle debía chistar moito ó poeta rianxeiro e mariño Manoel Antonio ("estou tirando a porme a tomar apuntes pra facer un ensaio sobor d’os cartos, a fachenda, a iñoranza y-o foot-ball", 1921, 'Epistolario') nin ó ourensán Vicente Risco ("O fútbol é un deporte moi bonito sempre que gañen os de aquí”, 'O porco de pé', 1928). En troques, non lles disgustaba nada a outros próceres do galeguismo coma Antón Losada Diéguez (pois mesmo foi presidente do Eiriña F.C. de Pontevedra) e a Alfonso R. Castelao (seareiro asiduo deste club pontevedrés, antecesor do Pontevedra CF actual, pois sábese que adoitaba asistir ós seus partidos)".

Novas relacionadas

Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa

Fonte

Comentarios