Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Unha viaxe polos 50 anos do Fútbol da Costa

Unha viaxe polos 50 anos do Fútbol da Costa
Lema Suarez Ferreiro Lolo Muino e Chema Rei na presentacion do libro da historia do Futbol da Costa-Foto-Santi Soneira Libro 50 anos do Futbol da Costa-Chema Rei e Xose M Lema Suarez

Emotiva foi a presentación, na casa, do novo libro de Xosé Mª Rei LemaChema Rei. Un libro, “50 anos da historia do fúbol da Costa (1964-2014)”, que pasa por ser unha auténtica enciclopedia do fútbol costeiro. Unha publicación da que nos alegramos encarecidamente pois precisamente oano pasado rendiamos homenaxe a Lema Suárez xunto a Luís Porto como grandes difusores do noso fútbol, un premio que se fai extensible ao presidente do Baio, un Chema Rei, que recolle o legado do seu tío no afán por espallar o potencial do noso deporte.

Moi boa acollida ademais no polideportivo de Baio, i é que a xente baiesa sempre responde a estas citas. Pero tamén houbo xente doutras zonas, como Corme, Coruña, Laxe, Malpica, Vimianzo, Zas, Santa Comba…

Presentou o acto o alcalde de Zas, Lolo Muíño, que ademais foi xogador no Baio e no Cabana, e mesmo gañou unha Liga co cadro cabanés. Tomou a palabra José Manuel Ferreiro, como autor do prólogo e un dos grandes cronistas da historia do 50 anos do Fútbol costeiro, pois leva cubrindo dende o 87 a actualidade costeira na Voz.

Falou o presi do Baio, Chema Rei das dificultades para facer “este tocho” e explicou a estrutura do libro, e contou, coma o seu tío Xosé María, moitas anécdotas, como a da maior goleada, un Coristanco-Carnota 32-1 na 90-91, e que puña na crónica que o porteiro do Carnota aseguraba que “co 7-0 xa se albiscaba a goleada”…

O que máis se extendeu é Xosé María Lema, un home que vén do eido da cultura, deses que dá gusto escoitar, e que deleitou a todos os presentes cos seus detalles, agradecementos, historias… Iso si, deixou claro que este sería o último libro futboleiro, pois non cría chegar ao dos 75 anos…

Presentacion e Baio do libro 50 anos do Futbol da Costa-Foto- Santi Soneira

Asinando

Chema Rei asinando o libro-Foto-San Soneira

Enchéronse a asinar libros os autores, mesmo na xornada dominincal. Uns libros que xa podedes atopar nas librarías de Carballo, Ponteceso, Vimianzo, Baio e Zas, e esta semana esperan levalo por toda a bisbarra. Ademais, o sábado e de maio estarán na Feira do LIbro de Compostela.

A obra

Libro 50 anos do Futbol da Costa-Chema Rei e Xose M Lema Suarez 2 Falamos dunha obra que esixiu anos de investigación nas hemerotecas dos xornais. Son 608 páxinas, 481 ilustracións (entre fotos, debuxos etc.) e uns 400 cadros sinópticos. Hai comentarios de cada temporada, pero tamén divertivas anécdotas. O libro comprende moitos máis anos cós 50 oficiais (federados) que se anuncian, pois leva unha novidosa “prehistoria” do fubol (daquela así pronunciado) costeiro das décadas de 1920 e 1930; tamén se contemplan as décadas de “historia antiga” dos anos 40 e 50. ”A Liga da Costa é a máis famosa liga de modestos de Galicia”, aseguran, “pois figura cunha entrada especial (entre a Liga Española e a Liga de Campións) en “Todo sobre o fúbol galego” (Xerais 2012) de Carlos Freire, entre outras publicacións”. Ademais dos trofeos dos vencedores conta con outro simbólico para os pechacancelas de cada temporada: o farol vermello, unha marca propia desta competición desde a 1ª temporada (o CD Baio, que foi quen primeiro o levou, converteuno no motivo principal da súa insignia). Na portada (á dereita), as insignias dos oito equipos fundadores da Liga da Costa (1964). Na contraportada (á esquerda), un extracto do prólogo e fotos de seis dos equipos fundadores da Costa en 1964 (arriba) e outras seis de equipos de temporadas máis recentes (abaixo). No centro, no lombo do libro, un dos históricos farois vermellos da Costa, “reliquia” conservada durante máis de 40 anos por un dos históricos desta liga, Manuel Veloso, que aparece na foto de abaixo coa vestimenta dos anos 50.

Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa

Artigos de Héctor Pose do libro “Mar de Paixón”

Outras novas

Comentarios