Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Revolución no mundo das directivas do Fútbol da Costa

Revolución no mundo das directivas do Fútbol da Costa
Algo está a acontecer no Fútbol da Costa. Levabamos anos lamentando a falta de relevo, e de contado nos atopamos con quen en varios clubs se presentaron varias candidaturas para asumir os mandos. Falamos dos casos do CF Lira e do SCD Buño, nos dous grupos presentaron candidaturas para asumir a presidencia. No caso liracho, a presentación das dúas candidaturas é unha circunstancia inédita nos 40 anos de historia federada da entidade “roxiña”. Ademais por Cee, a actual directiva do U.C. Cee, despois de salvar a categoría polos pelos gracias ao ascendo do Puebla, facía balance deste primeiro ano.

Nova directiva no Lira

Dúas candidaturas encabezadas por Herminio Leis e Ángel Gómez facían da asamblea ordinaria anual do pasado sábado 2 de xuño, unha data histórica para o Lira CF. Nun ambiente de cordialidade, este domingo abríanse as votacións, para que os socios decidían que grupo de persoas quería que levase as rendas do club. Finalmente tras o escrutinio dos 84 votos emitidos polos socios, os resultados proclamaron a Ángel Gómez como novo presidente do clube con 64 votos emitidos ao seu favor ante os 20 acadados pola candidatura de Herminio Leis. O novo presidente comunicou a secretaria do clube e ó presidente saínte que ao longo desta semana manterá unha reunión cos membros do seu equipo de traballo para asignar cargos e funcións, os cales serán postos en coñecemento da federación de fútbol para que quede conformada de feito a nova directiva.

Próxima asemblea en Buño

Dúas candidaturas hai tamén en Buño de cara á Asemblea deste xoves 14 de xuño, para relevar a un Ramón Calvete Gómez que leva 8 anos levando o club ás súas costas. Ismael Trigo e Francisco Caamaño encabezan as dúas candidaturas entre as que terán que escoller os socios da entidade malpicá.

Asamblea en Cee

Directiva do Union Club Cee A Directiva do Unión Club Cee, presidida por Adrián Leira, con Dani Freire e Carlos Leis, rendeu contas ante os socios Éxito de asistencia a Asemblea extraordinaria convocada esta pasada fin de semana pola directiva do Unión Club Cee, a máis numerosa da historia do club. Unha cita na que a directiva, comandada por Adrián Leira con Dani Freire e Carlos Leis como “lugartenientes”, presentou un balance económico moi positivo, con case 7.000 de superávit nesta a súa primeira campaña ao mando, pois era en agosto cando se puxeron a traballar. Leira recoñeceu que “foi un ano difícil a nivel deportivo e económico”, con 0 € para empezar a temporada e cun plantel mermado. Sinalaba que non foi sinxela a decisión de non inscribir aos xuvenís, ante “a falta de axuda económica e humana”. En todo caso, a valoración da campaña é positiva, “pola permanencia e o superávit”, e advirte que se vai seguir “na liña austera para recuperar economicamente ao club e intentar facer algo a nivel deportivo para estabilizar ao equipo na categoría”. Os gastos máis importantes sempre son os de arbitraxes (arredor de 3.000€), material (2.000) ou ao encargado do material (1.755€). E os ingresos máis importantes foron os socios (7.500), o Convenio (5.000), o Concello (1.600), a cantina (3.100) e a publicidade (660), unha vez que Ferroatlántica deixa de colaborar como o viña facendo nos ñultimos anos. O club está pendente de varias axudas. Leira agradeceu o compromiso á directiva, aos xogadores, aos socios e ás casas colaboradoras, e os socios aprobaron todos os puntos.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/da-necesidade-dun-relevo-nas-directivas-dos-equipos-do-futbol-da-costa/

Comentarios