Santa Comba acolle esta fin de semana a final a catro da Copa Galega Infantil Feminina de Fútbol Sala



Na mañá deste xoves 10 de maio a Casa do Pozo (Museo Terra do Xallas) acolleu a presentación oficial, na que participaron representantes da Corporación Municipal do Concello de Santa Comba, da Real Federación Galega de Fútbol e do Viaxes Amarelle FSF, da final a catro da Copa Galega Infantil Feminina de Fútbol Sala que terá lugar este próximo sábado 12 e domingo 13 de maio no Pavillón Municipal de Fontenla.
A Copa Galega Infantil Feminina de Fútbol Sala disputarase en formato de final a catro en dous días no Pabellón Municipal de Fontenla (Santa Comba). A primeira das xornadas será o sábado 12 de maio de 2018 cos enfrontamentos correspondentes ás semifinais; o primeiro deles será ás 10:30 horas co duelo entre o Erro! Ferrol / A Fervenza FSF e o Fútbol Club Meigas; e posteriormente a partir das 12:30 horas se dirimirá a segunda semifinal entre o ED Poio Pescamar FSF e o Viaxes Amarelle FSF.
A xornada do domingo 13 de maio será o día elixido para a disputa da final entre os ganadores de cada unha das semifinais do sábado. O encontro se dirimirá no mesmo Pabellón Municipal de Fontenla a partir das 12:00 horas.