Sábado. 11.05.2024
El tiempo

A Seleccion da Costa sub15 participou no Campionato de Seleccións de Xinzo

A Seleccion da Costa sub15 participou no Campionato de Seleccións de Xinzo
Seleccion Sub 15 da Costa en Xinzo 3 Josiño Abelenda e Martín Vecino en Xinzo coa Sub 15 da Costa Boa experiencia a que viviu a Selección Sub 15 da Costa na segunda fase do Campionato de Seleccións Comarcais celebrado o pasado 27 de marzo en Xinzo de Limia. Pero non se puideron complementar as boas sensacións do Torneo celebrado a semana pasada no Pinguel. Finalmente a Amarela non puido estrear o taboleiro de vitorias, nin de goles, oficial, e caeu ante Santiago e Pontevedra.  A Coruña, Pontevedra, Santiago e Lugo en categoría masculina foron os equipos que se clasificaron para a fase final. Seleccion Sub 15 da Costa en Xinzo copia RESULTADOs COSTA DA MORTE 0-3 PONTEVEDRA SANTIAGO 4-0 COSTA DA MORTE Esta foi a convocatoria:
  • ROBERTO RODRIGUEZ SOUTO (CABANA)
  • MARTIN LODEIRO PEREZ (MUXIA CF)
  • MARCOS VILLAR ROSS I(CDC ZAS)
  • PABLO PARDIÑAS BUSTO (CDC ZAS)
  • MANUEL GARCIA PRIEGUE (ESTEIRANA)
  • CRISTIAN FERNANDEZ BARREIRO (SD SOFAN)
  • ALVARO SANCHIÑO GONZALEZ (OUTES CF)
  • LUIS CARBALLO LADO (DUMBRÍA CF)
  • NICOLÁS ABELENDA POSE (SD CORISTANCO)
  • LUCAS TOBA CASAL (DUMBRIA CF)
  • BRAIS ESPASANDIN LEMA (CDC ZAS)
  • MARIO SUÁREZ REY (CAMARIÑAS)
  • LUCAS REY LARA (PONTECESO)
  • LUCAS GARCIA GARCIA (SOFAN)
  • DAVID MARIÑO RICO (OUTES CF)
  • RAUL VARELA DOCAMPO (SOFAN SD)
  • DANIELGONZALEZ CHAO (DUMBRIA CF)
  • RAUL REIGIA RAMA (MALPICA)

As féminas, ca Coruña

O pasado martes 27 disputábase en Xinzo de Limia a segunda fase de Seleccións Comarcais sub 15. Alí estaba a Amarela masculina, pero a Costa non ten aínda combinado feminino. Por iso, algunhas das nosas teñen que xogar ca Selección da Coruña. Alí estiveron Marta Calvo (Outes), Noelia Amarelle e Laura Torrado (Bergantiños) que se clasificaron invictas ca selección coruñesa sub 15 para a fase final do campionato galego qué se disputará o vindeiro 1 de Maio nunha sede aínda por determinar. As xogadoras costeiras participaron activamente na clasificación do combinado adestrado polo carballés Gueli Cotelo. No primer partido gañaron por 1-0 contra Ourense e no segundo empataron 0-0 contra Vigo. Marta Calvo, Noelia Amarelle e Laura Torrado coa Seleccion da Coruña en Xinzo Marta Calvo, Noelia Amarelle e Laura Torrado coa Seleccion da Coruña en Xinzo

Novas da sub15

Comentarios