Senra dase a primeira gran alegría en Llanes con estrea incluída

14:10 03/10/13

Esta pasada fin de semana o noso piloto dumbriés no Campionato Nacional de Ralis nos daba unha gran alegría. Víctor Senra gañaba a sua primeira vitoria no Rallye Llanes, unha vitoria global á que hai que sumarlle a da Mitsubishi EVO Cup. Senra festexou por todo alto un triunfo que lle serve para saber que pode estar a altura dos mellores como Pons, Pernía ou Fuster.