Mércores. 17.07.2019
El tiempo

Sesións con DaFIT: KickBoxing, para todas as idades!

Sesións con DaFIT: KickBoxing, para todas as idades!

Kárate, taekwondo, boxeo, judo, Muay Thai, Kendo, Jiu Jistsu… existen infinidade de artes marciais e de deportes de contacto. Si nos centramos nos deportes de contacto nacen dúbidas sobre cales son as disciplinas ou modalidades que esta definición abarca, pois o rugby, o fútbol ou o baloncesto, nalgúns casos, poderíamos incluílos como deportes de contacto, aínda que, a intensidade do contacto sexa menor.

Acotándonos aos deportes de contacto e combate, aqueles nos que se busca unha confrontación física entre opoñentes, hoxe destacaremos o KickBoxing.

Un dos deportes de contacto máis completos que se pode atopar, combinando patadas e adoptando tecnicamente o boxeo (golpes de puño). A súa práctica auna técnica, velocidade e axilidade, forza, potencia, precisión, etcétera. Implicando todo o corpo, tanto para atacar como para defenderse.

Ten dous orixes diferentes: Nace, na década dos setenta en EEUU, o KickBoxing Americano ou Full-Contact,como unha modalidade deportiva refundida por artes marciais e deportes de contacto. Previamente, nos anos sesenta, provén do Muay Thai e foi adaptado polo promotor xaponés Osamu Noguch e practicante de kárate, quixo introducir esta modalidade. Sobre a década dos oitenta coa palabra kkickBoxing identificábanse deportes de contacto con raíces, fundamentos e regramentos diferentes como o Boxeo Americano ou o Full-Contact, o Boxeo Thailandés ou o Muay Thai e o Boxeo Francés ou Savate.

Oficialmente a modalidade deportiva KickBoxing ten como especialidade principal o KickBoxing Americano e outra non principal denominada Kickboxing Oriental. O KickBoxing Americano comprende catro tipos de probas: Formas, Semi-contact, Light-contact e Full- contact. E o Kickboxing Oriental cun tipo de proba: o Low-Kick.

 

En canto os beneficios da práctica do Kickboxing, son múltiples e variados, como por exemplo:

  • Mellora a resistencia cardiovascular.
  • Aumenta os reflexos e a velocidade de reacción.
  • Mellora a coordinación psicomotora, a flexibilidade.
  • Aumenta o equilibrio.
  • É un exercicio integral a musculatura traballa de forma constante na súa globalizade, polo que favorece a tonificación e o fortalecemento muscular.
  • Diminúe a acumulación de tecido adiposo.
  • Pódese empregar como forma de canalización do estrés.

Para mellorar e obter beneficios recoméndase practicar un mínimo de dúas veces á semana.

Dafitkids nunha sesion de KickBoxing Infantil Dafitkids nunha sesion de KickBoxing Infantil  

DaFit, oferta esta actividade nas instalacións deportivas do “Conco”, en Dumbría, cunha novidade na Costa da Morte, o KickBoxing Infantil.

Preséntase esta modalidade de forma adaptada á idades temperás, onde o que se fomenta é a disciplina, as habilidades motrices (desprazamentos, xiros, etcétera.) capacidades físicas básicas (resistencia, forza, velocidade ou flexibilidade) e o xogo limpo.

Un dos falsos mitos que pretendemos desmontar é que si se practica Kick Boxing, dende curta idade, os nenos e nenas vólvense máis agresivos e violentos. Créemos que como en todo, o importante é poñer uns límites, marcar unhas regras e que todos e todas sepan os ricos que pode conlevar si exite un contacto co intensidade sobre outro compañeiro.

O respecto e a creación dun bo clima no grupo son piares de traballo fundamentais, transmitíndose valores de compañeirismo e onde prima a lealdade. Pese a que, a priori, pareza un deporte individual búscase o traballo en equipo para lograr certos obxectivos en cada adestramento.

O Kick Boxing axúdalles aos máis cativos a canalizar a enerxía a través do movemento de todo o corpo de xeito continuo, pois o traballo da resistencia física é básico, implicando ademais, un alto gasto calórico.

DafitKids con luvas

Anímate a probar e enfúndate uns guantes! ;)

 

Sesións con Dafit

Máis información

Dafit seguenos

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios