Martes. 23.04.2024
El tiempo

Sil, un estratega para o campión

Sil, un estratega para o campión
Ninguén contaba con eles a principio de tempada, pero o serio traballo de Sil e os seus homes levou ó Volantes de Baño ó título de 3ª Galicia, un triunfo de gran mérito. O propio Sil nos conta as claves do mesmo. QPC - Que sensacións tes no día despois de acadar o título de liga o Volantes de Baño? Pois moi satisfeito como non podia ser de outra maneira. Pero non so polo título, que nun equipo tan humilde e dunha aldea tan pequena como é Baño é moi importante, senón pola forma de conseguilo. Dentro das limitacións que temos fomos dando pasiños cortos pero firmes en canto a organización, compromiso e unión de todos. Iso é o que máis me satisfai. QPC - Os xogadores deron a talla, diso non cabe dúbida. Está claro que como calquera club dos que loitaron con nos polo ascenso temos varios xogadores que marcan diferencias. Pero para a directiva e para min é tan importante ou máis conseguir un nivel de compromiso extremo. Detrás deste título hai moito sacrificio de todos. Aquí baixaban a adestrar durante a semana os que estudian en Santiago e Coruña, tendo que ir a buscalos e levalos a directiva ou eu. Isto creo que é moi significativo do que somos os Volantes este ano. Outro exemplo pode ser que Yanki e Thiago por diversos motivos non estiveron con nos en moitísimos partidos. Concretamente Yanki so puido participar en 11 e de eses 11 so puido salir de inicio en 4. E Thiago so participou en 13 partidos. Tamén quero resaltar a progresión de Samu, un xogador de hockey que nunca xogara ó futbol e a base de traballo foi un dos habituais no once titular, e un dos máximos goleadores da categoría. Por cousas como as que comentei e polo que estou verdadeiramente satisfeito. As vitorias veñen e van pero o importante é dar pasiños como club independentemente dos resultados. QPC - Ó principio ninguén contaba con vos. A verdade é que si. A min de feito decianme por Muros o típico: "onde te metes" ou "non caias tan baixo", e cousas parecidas que tamen podería recordarllas a algúns. Pero eso si que sería caer demasiado baixo. Eu estaba convencido cada vez que me reunía cos Volantes que independentemente dos resultados que se deran íamos a facer algo serio e organizado. QPC - Como se organiza o Volantes no terreo de xogo? Bueno, en ese aspecto suelo variar bastante as alineacións en función de diversos factores e dos condicionantes do propio partido (campo, rival...). En maior ou menor medida todos os xogadores se sinten partícipes e que foron importantes para o equipo. No plano defensivo fomos un equipo moi sólido, aínda que nos costou un pouco. En liñas xerais somos un equipo que nos basamos moito nas transicións e a partir de ahí organizámonos para apretar ou esperar. No plano ofensivo busco sempre verticalidade e profundidade. O Volantes é novo equipo da 2ª QPC - E no aspecto mental, sempre moi importante nestas categorías, como traballa Sil? Eu creo que nese aspecto son moito de pao e cenoria. Suelo provocar comportamentos en min buscando unha reacción dos xogadores, ben para liberar e xerar confianza, ou ben para provocar incertidumbre que meta tensión e preocupación cando vexo exceso de confianza. Non e fácil pero trátase de buscar o nivel de activación óptimo e dentro do que sabemos buscamos diferentes estratexias. QPC - Os dous equipos do pobo xogarán o ano que ven en 2ª. Que opinión che merece a tempada do Muros? Pois eu nese aspecto teño un respeto máximo por todos os equipos, e polo Muros como club máis aínda, pois doume a oportunidade de adestrar en dúas etapas diferentes, e gardo moi bo recordo. Alí hai xente que aprecio moito, como Bibi, Gael, Javi, Venancio e o presidente. Alégrome do seu ascenso, fixeron unha gran tempada. Teñen o adestrador adecuado, e xogadores como Saúl e Javi, que son doutras categorías, e Iván e Gael, que xa estaban no último gran Muros. Teñen, polo que o coñezo e me contan, o xogador máis decisivo probablemente, Xandre o porteiro, pois a min para nada me sorprende que ascenderan. No tema da rivalidade teño unha opinión moi clara. Nos intentamos estar ó noso. Cando se fundou o Volantes eu adestraba ó Muros e non podía entender a psicose que había por ese feito. Parecíame como se o Noia se preocupara por que se funde o Cruído. Pois agora penso o mesmo . Se un pobo como Muros ten que estar preocupado dos Volantes algo falla. Eu creo que terían que rivalizar con pobos do seu nivel, Cee, Noia, Outes, Esteiro. Si en Baño non temos nin plaza, carallo, jejeje... E digoo sen ningunha acritude e con total respeto. Despois isto é como todo, os clubs están por enriba das personas. E para min o Muros significa cantidade de socios e simpatizantes, e xogadores que pasaron por alí e que merecen o máximo respeto. QPC - Onde estará Sil o ano que ven? No Volantes en 2ª? Pois non sei. Esto ven de rematar. Queda a Copa da Costa. Eu o único que podo decir é que estiven moi cómodo, síntome querido. Quero agradecer a confianza que me demostraron todos. A verdade é que o Volantes é un club entrañable. QPC - A quen ves para ascender na promoción? Non o teño claro. Nas eliminatorias directas inflúen moitos factores. E hai moitísima igualdade. Parece que chega ben o Ameixenda, pero isto nun partido malo vaise todo ó traste. QPC - O fútbol na vosa zona está tomando un gran impulso, a pesar de que en pouca distancia sodes un montón de equipos. Pois a verdade é que andamos de noraboa por aquí. A Esteirana está a facer unha gran campaña, o Muros e o Volantes ascenden, o Monte Louro na parte alta, o Lira non anda mal... a verdade é que ten moito mérito. Espero que non sexa casual, senón froito dun bo traballo. QPC - Por último, que reflexión final fas a unha gran tempada? Pois gustaríame decir que para os Volantes ten o mesmo mérito o título de 3ª que para outros os de calquera categoría. E pode que signifique que coñecemos ben as nosas limitacións. Non somos o Fisterra nin o Baio ou Cee, Muros Malpica, que se non é un ano é outro no que optan a ganar ligas máis altas. Intentamos rebelarnos pero somos realistas. Non vamos ganar ligas nas que non competimos, iso sería a repera, jajaja.

Comentarios