Só as infantís suman vitoria na xornada de volei da Costa da Morte

Nova semana de volei para os equipos da Costa da Morte. O Volei Dumbría e o Manuela Rial continúan as súas campañas nas Ligas zonais e galegas. Esta semana, o balance non foi moi positivo e tan só as infantís do Manuel Rial colleitaron vitoria na Liga Galega Infantil. Unha vitoria, ante o Cambados por 3-1 (25-19, 25-16, 15-25, 25-7) nun partido cunha soa cor, que mantén á costeiras con posibilidades de manter a categoría.

Polo demais, os cadros costeiros colleitaron sendas derrotas:

  • O equipo xuvenil femenino do Voleibol Dumbría perdeu ante Cambados por 0-3 (21-25, 23-25, 25-27) nun partido igualado ata os últimos puntos pero no que nos puntos decisivos as dumbriesas non souberon gañar. A derrota déixaas nunha complicada penúltima praza do Grupo C da Liga Galega Xuvenil a 3 puntos do propio Cambados e do Calasancias.
  • O cadete femenino do Voleibol Dumbría perdeu ante Cambados 0-3 (14-25, 18-25, 18-25) sen demasiada oposición o que esta sendo habitual nos últimos encontros. As mozas dumbriesas son as pechacancelas da Liga Galega Cadete Feminina.
  • Ademais, o equipo cadete masculino do Voleibol Dumbría perdeu ante o lider o CV Vigo por 0-3 (10-25, 10-25, 18-25) de forma esperada, pero dependen de si mesmos para acabar entre os catro primeiros da liga galega, pois nestes momentos están na 5ª posición na Liga Galega Cadete Masculino a 4 puntos do Calasancias pero con 2 partidos menos.

Vindeira xornada

Esta fin de semana os partidos serán os seguintes:

  • Sábado 10 de marzo:
    - Xuvenil femenino: CV Pontevedra-Dumbría ás 16:30h en Pontevedra.
    - Cadete masculino: IES Ames-Dumbría ás 17:00h en Milladoiro.
    - Cadete femenino: IES Ames-Dumbría ás 19:00h en Milladoiro.
  • Domingo 11 de marzo:
    - Infantil femenino: Guillelme Brown-Manuela Rial ás 13:00h en Ourense.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurtuz Larrañaga.