Venres. 19.04.2024
El tiempo

As xuvenís do Volei Dumbría recuperan o ánimo cunha vitoria

As xuvenís do Volei Dumbría recuperan o ánimo cunha vitoria

As xuvenís do Voleibol Dumbría acadaron unha importante vitoria ante CV Pontevedra por 3 - 1 (25-20/16-25/25-20/25-10). Vitoria que lles permite abandonar os postos de descenso na clasificación xeral da Liga Galega. Vitoria ademais moi necesaria para levantar a moral das dumbriesas, xa que moitos partidos que perderon o fixeron indo por diante a maior parte dos sets, e víndose a baixo nos tramos finais dos mesmos.

A piques estiveron as infantis do Manuela Rial de sumar outra victoria pero nun partido moi disputado perderon ante Guillerme Brown de Ourense por 2 - 3 (25-20/16-25/15-25/25-16/11-15). Despois dun partido de alternativas o partido decidiuse a favor das orensans no ultimo set onde os nervos xogan un papel case máis importante ca o xogo.

Ademais, hai que contabilizar desta pasada fin de semana unha derrota do equipo cadete femenino do Voleibol Dumbría ante IES Ames por 0 - 3 (10-25/11-25/20-25) onde as locais estan a notar as baixas no equipo.

Partidos para o fin de semana

  • Sábado 10:30 h Infantil Femenino Liceo - Manuela Rial en A Coruña.
  • Sábado 12:00 h Cadete Femenino Liceo - Voleibol Dumbría en A Coruña.
  • Sábado 16:00 h Cadete Masculino Boiro - Voleibol Dumbría en Boiro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurtuz Larrañaga.
  • Redacción de QPC ([email protected]).

Comentarios