Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Mala xornada para os equipos de volei da Costa mentres 7 xogadores fanse internacionais

Mala xornada para os equipos de volei da Costa mentres 7 xogadores fanse internacionais

Mala xornada para os equipos de volei da zona. Pero boa para algún dos seus integrantes, pois ata 7 xogadores costeiros participaban esta fin de semana nas concentracións en Lugo coas Seleccións Galegas infantil e cadete.

Os xogadores convocados foron: do colexio Manuela Rial Mouzo de Cee foron coa Selección Galega Infantil masculina o ceense Manuel Marcote, Xavier Pérez natural do Pindo, o corcubionés David Redonda e o alevín dumbriés Unai Larrañaga. Ademais do Volei Dumbría foron 3 integrantes do equipo na categoría cadete, como son a corcubionesa Ana Trinidad, o corcubionés Javier Domínguez e Juan Carballo, natural de Arcos en Mazaricos.

Mala xornada

Pero no tocante á xornada, os resultados non foron positivos. Os enfrontamentos dos equipos femeninos do voleibol da costa contra o Pinguela decantáronse claramante para as monfortinas. A superioridade foi clara do equipo lucense que é unha das potencias do voleibol femenino galego cun equipo en superliga2.

Os resultados foron:

Comentarios