A Costa exporta á Selección Galega 7 xogadores de volei e 2 de balonmán


Non para a Costa da Morte de crear internacionais. Sobre todo en materia de voleibol e balonmán, onde somos, de facto, unha potencia. Esta semana coñecemos que ata 9 xogadores da bisbarra formarán parte de adestradamentos das Seleccións Galegas, un orgullo para toda a zona.
2 xuvenís do Xiria á Selección de Balonmán
Os xogadores xuvenís do Balonmán Xiria David García Pichel (xa internacional coa Roja) e mais Miguel Suárez Pumariega. Ambos estarán este domingo no adestramento de preselección no Pavillón de Chapela coa Selección Galega Xuvenil.
3 xogadores do Volei Dumbría e 4 do Manuela Rial ás Seleccións Galegas de Volei
O domingo día 20 terá lugar a segunda xornada de adestramentos das diferentes Seleccións Galegas de voleibol en categorías inferiores, e de novo os nosos deportistas están convocados para adestrar coa élite do voleibol galego. Destas convocatorias saldrán os seleccionados para representar a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
4 xogadores do colexio Manuela Rial Mouzo de Cee desprazaranse ata Lugo para adestrar coa Selección Galega Infantil masculina. Os convocados son o ceense Manuel Marcote, Xavier Pérez natural do Pindo, o corcubionés David Redonda e o alevín dumbriés Unai Larrañaga. Desta maneira os xogadores do Manuela Rial ven recompensada a gran campaña que están a facer ata o momento na Liga Galega, xa que de momento a lideran sen perder ningún partido.
O Voleibol Dumbría aportará os 3 restantes, todos en categoría cadete. A corcubionesa Ana Trinidad acudirá a Lugo para adestrar coa Selección Galega cadete femenina mentres que o corcubionés Javier Domínguez e Juan Carballo, natural de Arcos en Mazaricos, desprazarnse ata Noia para adestrar coa Selección Galega cadete masculina. Estos 3 deportistas xa teñen experiencia coa Selección Galega xa que Ana participou nun Campionato de España Infantil e os dous chicos afrontan a súa terceira campaña consecutiva acudindo os adestramento da Selección e formando parte do convinado infantil que participou nos dous últimos Campionatos de España.
Vindeira xornada de volei
En canto a xornada ligueira, despois dunha fin de semana de parón para os nosos representantes, volve ó Pavillón Municipal Dumbriés con 3 partidos de Liga Galega. Ás 10:30 xogaranse os encontros Manuela Rial - AD Pinguela de Monforte en infantil femenino e Voleibol Dumbría - AD Pinguela de Monforte en xuvenil femenino. Ás 12:00 xogarase o partido cadete entre Voleibol Dumbría - AD Pinguela de Monforte.
Novas relacionadas
- Doble vitoria a domicilio para Conservas e Calvo.
- Mala semana para Calvo e Conservas pero grande data para un carballés internacional.
- Os chicos do volei costeiro acadan boas vitorias.
- 3 xogadores do volei costeiro na Selección Galega e un carballés na Selección Española de balonmán.
- A canteira de volei costeira leva outros 5 xogadores á Selección Galega.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).