Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os infantís do Manuela Rial retoman a competición con vitoria

Os infantís do Manuela Rial retoman a competición con vitoria

A segunda volta, e o ano deportivo, comeza ben para os equipos do Manuela Rial de volei. Pois todos abriron con sendas vitorias. As chicas venceron con moita superioridade e bo xogo a Noia por 0-3 (15-25, 13-25, 6-25). E os que tamén fixeron un bo partido foron os infantís ante Sta Mª del Mar acadando unha clara vitoria por 0-3 (14-25,14-25,18-25) para seguir sendo líderes.

Colleitaron tamén unha vitoria os cadetes do Voleibol Dumbría ante Sta Mª del Mar, nun partido que comezou de mala forma pero que os dumbrieses souberon remontar a partir do segundo set. Venceron finalmente por 1-3 (25-16, 23-25, 16-25, 20-25).

Pero non todo foron boas novas e tamén houbo derrotas. As chicas do Voleibol Dumbría caían ante Zalaeta en xuvenís e cadetes sen ofrecer excesiva resistencia, ambos partidos remataron cun rotundo 3-0 para as coruñesas.

Vindeira cita en Lugo

Esta fin de semana os equipos xogan de Cee e Dumbría o sábado 21 de xaneiro en Lugo ante o Emeve no seguinte horario:

  • 11.00h: Infantil Femenino: Emevé - Manuela Rial.
  • 11.00h: Infantil Masculino: Emevé - Manuela Rial.
  • 11.00h: Juvenil Femenino: Emevé - Voleibol Dumbría.
  • 12.15h: Cadete Femenino: Emevé -Voleibol Dumbría.
  • 12.15h: Cadete Masculino: Emevé -Voleibol Dumbría.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurtuz Larrañaga.

Comentarios