Só as infantís suman vitoria na xornada de volei da Costa da Morte

08:46 07/03/12

Nova semana de volei para os equipos da Costa da Morte. O Volei Dumbría e o Manuela Rial continúan as súas campañas nas Ligas zonais e galegas. Esta semana, o balance non foi moi positivo e tan só as infantís do Manuel Rial colleitaron vitoria na Liga Galega Infantil. Unha vitoria, ante o Cambados por 3-1 (25-19, 25-16, 15-25, 25-7) nun partido cunha soa cor, que mantén á costeiras con posibilidades de manter a categoría.
Polo demais, os cadros costeiros colleitaron sendas derrotas:
- O equipo xuvenil femenino do Voleibol Dumbría perdeu ante Cambados por 0-3 (21-25, 23-25, 25-27) nun partido igualado ata os últimos puntos pero no que nos puntos decisivos as dumbriesas non souberon gañar. A derrota déixaas nunha complicada penúltima praza do Grupo C da Liga Galega Xuvenil a 3 puntos do propio Cambados e do Calasancias.
- O cadete femenino do Voleibol Dumbría perdeu ante Cambados 0-3 (14-25, 18-25, 18-25) sen demasiada oposición o que esta sendo habitual nos últimos encontros. As mozas dumbriesas son as pechacancelas da Liga Galega Cadete Feminina.
- Ademais, o equipo cadete masculino do Voleibol Dumbría perdeu ante o lider o CV Vigo por 0-3 (10-25, 10-25, 18-25) de forma esperada, pero dependen de si mesmos para acabar entre os catro primeiros da liga galega, pois nestes momentos están na 5ª posición na Liga Galega Cadete Masculino a 4 puntos do Calasancias pero con 2 partidos menos.
Vindeira xornada
Esta fin de semana os partidos serán os seguintes:
- Sábado 10 de marzo:
- Xuvenil femenino: CV Pontevedra-Dumbría ás 16:30h en Pontevedra.
- Cadete masculino: IES Ames-Dumbría ás 17:00h en Milladoiro.
- Cadete femenino: IES Ames-Dumbría ás 19:00h en Milladoiro. - Domingo 11 de marzo:
- Infantil femenino: Guillelme Brown-Manuela Rial ás 13:00h en Ourense.
Máis información
- Federación Galega de Volei: Clasificacións.
- Grupo C da Liga Galega Xuvenil Feminina.
- Liga Galega Infantil Feminina.
- Liga Galega Cadete Feminina.
Novas relacionadas
- Novas vitorias dos pequenos do Manuela Rial de volei.
- A canteira do Manuela Rial segue colleitando vitorias e internacionais.
- Só o infantil do Manuela Rial volve con vitoria da Coruña.
- Os cadetes do Volei Dumbría sofren pero gañan e manteñen opcións de ascenso á Liga Galega.
- O Manuela Rial afiánzase no liderato da Liga Galega.
- Os infantís do Manuela Rial retoman a competición con vitoria.
- 3 xogadores do Manuela Rial e un do Volei Dumbría celebran os Reis coa Selección Galega.
- As xuvenís do Volei Dumbría recuperan o ánimo cunha vitoria para pechar o ano.
- Mala xornada para os equipos de volei da Costa mentres 7 xogadores fanse internacionais.
- A Costa exporta á Selección Galega 7 xogadores de volei e 2 de balonmán.
- A canteira de volei costeira leva outros 5 xogadores á Selección Galega.
Fonte
- Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurtuz Larrañaga.