mércores. 13.11.2024
El tiempo

Stevo Lema disfrutou dun premio á súa carreira no Campionato de Seleccións de maiores

Stevo Lema disfrutou dun premio á súa carreira no Campionato de Seleccións de maiores
Stevo Lema e Medín no partido contra Catalunya no Campionato de Seleccións de tenis de mesa de maiores de 60 Stevo Lema e Medín no partido contra Catalunya no Campionato de Seleccións de tenis de mesa de maiores de 60 Merecido premio o que recibíu esta fin de semana o bo de Stevo Lema, en forma de convocatoria coa Selección Galega de maiores de 60 anos. Aínda está na nube do ben que o pasou en Ocaña (Toledo) o bravo capitán e mestre da familia do Anorthosis. “Ser seleccionado xa é un orgullo e despois compartir selección cos históricos do tenis de mesa galego, imaxinade”, cóntanos o propio Stevo. “E para máis, no pavillón encontraste cos que impulsaron o tenis de mesa a nivel nacional, os que nos anos 60, 70 e 80 do século pasado xogaban na división máis alta de España (nese momento División de Honor) e que vira xogar en contadas ocasións”. Así de emotiva foi a chegada o pasado venres á vila toledana, chea de presentacións, apertas e bos desexos. “Que disfrutes do torneo, dicíame algún dos grandes, e eu pensaba: e da palleira que me vas dar, tamén?”, bromeábase Stevo, que deixou o nerviosismo no paseo pola fermosa praza Maior, semellante á de Salamanca. Arrincou o torneo Stevo mandando, cun primeiro set no lle endosaba un claro 7-2, nada menos que ao supercampión de España de onte, de antonte e deste ano, un que simplemente non perdeu ningún partido no que vai de tempada. Pero reaccionou Castell e co medo no corpo recuperouse e doulle a volta cun 11-9, para non deixar opcións nos seguintes. Nos dobres, co compañeiro José María Medín, os galegos gañaron un set a Cataluña A, os que, ao final, foron os campións, sen perder un só set máis. Medin e Stevo Lema da Seleccion Galega de maiores de tenis de mesa No seguinte encontro, custou vencer a Valencia, cunha boa vitoria de Stevo, clasificándose así para a seguinte rolda como 2º. E para a tarde o encontro de cuartos contra Cataluña “B”, que conta con outra lenda do tenis de mesa nacional, Agea. Medín perde 3-0 con claridade e Stevo ía perdendo 2-0, pero aí foi un momento clave do torneo, conciénciase e gaña o seguinte set. No 4º, despois de ir perdendo 10-6, ponse 10-9 e o banquiño contrario pide tempo morto. “Deus, xa me teñen medo, isto é incrible”, pensa un Stevo cada vez máis motivado. “Cando ía cara o banquiño xa sabía para que era o tempo morto, para decirlle como me tiña que sacar e eu pensei este vai sacar coma min e eu responderei como me fan a min para gañarme”. Meu dito meu feito. Punto para Stevo e 2-2. “Eles non o podían crer e eu casi que tampouco e despois o 5º set si que foi de triquiñuelas, ti vas a toalla pois eu tamén, ti secas a man na mesa eu non son menos, e nesas gañou el. Pero ollo, gañeime un rival deses aos que desexas enfrentarte sempre”, recoñece o noso Stevo. . Por último o domingo houbo un enfrentamento entre galegos, Galicia “A” e nos Galicia “B” e si que deron a sorpresa os Stevo e Medín. Gañou Medín o seu partido, Stevo perdeu o seu e nos dobres un 3-1 para os nosos moi claro. E, no último, Stevo gaña 3-0 a R. Padín con moitísima claridade. Que gusto da acabar un torneo, campionato ou o que lle queiras chamar gañando 3-0. ”Quedamos 5º pero eso non é o importante, senón o disfrute e o compañerismo que se viviu en todo o torneo.” Parabéns Stevo, merecías este premio!! E estaremos atentos, porque parece que o Selección Galego quedou contento co traballo do soneirán, e de seguro que o convoca para vindeiras citas. Así destacou o míster a actuación do noso Stevo: “é obligatoria destacar que Esteban, pese a ser a primeira vez que era seleccionado, fixo uns partido brillantes e con bos resultados dado que se tivo que enfrontar a xogadores de moi alto nivel das distintas autonomías, víuselle despregar un bo xogo gañando ou poñendo en complicaciones a rivais moi fortes. Doutra banda foi, como sempre, un excelente compañeiro”.

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

Comentarios