A sub15 xa compite ata no frío


Fermosa mañá, previa aos Reis, no Carral. A Amarela volvía ser protagonista neste nadal Amarelo. Despois do choque de preparación da sub12 no Conco do pasado venres, o sábado era turno para a sub15. O campo de Sofán acollía un solidario Triangular entre a Amarela, a SD Compostela e o Imperátor OAR, que serve de preparación, e para recadar fondos para levarlle, a través da Cruz Vermella Carballo, lotes de apoio infantil de hixiene e alimentación ás familias máis desfavorecidas da zona.

Boa entrada no Carral a pesar da friaxe (o campo esta xeado), para ver como saltaba o cadro de Josiño Abelenda e Martín Vecino. “Os nenos competiron moi ben, con dous partidos moi igualados, onde nos custou un pouco porque eles son equipos feitos que compiten todas as semanas, e nós sufrimos un par de erros puntais, pero conseguimos empatar os dous partidos”, sinala orgulloso, que dispuxo de 22 xogadores, “polo que formamos dous 11 que apenas puideron disputar 20 minutos cada un, e iso non para competir demasiado”, explica.
Os primeiros 45 minutos foron contra o Imperátor, un histórico do fútbol herculino, que rematou con empate a 1 tanto.

Xa ás 12:00h, cun soliño que ía quecendo algo o ambiente, a Amarela enfrontouse á SD Compostela, despois de que os conxuntos herculino e santiagués medisen as sáus forzas. De novo outro empate colleitou.
Imperator -Selección da Costa (1-1)
Selección: Iván, Nico, Martín Lodeiro, Guille, Isaac, Martín Rama, Keko, Pablo Tuñas, Raúl, Guille Botas e Alfredo. No min.20 entraron: Joel x Isaac, Manu Insua x Guille, Fran x Martín Rama, Bryan x Keko, Emilio x Alfredo, Manu Castro x Guille Botas, Iván x Raúl, Sergio x Pablo Tuñas. Goles: 0-1 Emilio (Dumbria) min. 22 ao rematar un córner dende o punto de penalti; 1-1 Gol de espectacular de falta no tempo de desconto facendo inútil a gran estirada de Iván. Partido moi igualado polas baixas temperaturas e a capa de xeada que cubría o Carral que facía moi complicado o xogo combinativo. Gran comportamento da selección facendo fronte a un equipo moi traballado e cun alto nivel condicional.
Selección da Costa - Compostela (1-1)
Selección: Manu Cuns, Nico, Martín Lodeiro, Manu Insua, Joel, Pablo, Fran, Bryan, Keko, Raúl, Emilio. Entraron no m.20: Guille x Manu Insua, Guille Botas x Bryan, Sergio x Pablo Tuñas, Martín Rama x Fran, Isaac x Joel, Alfredo x Emilio, Iván x Raúl, Manu Castro x Keko Goles 0-1, m.1: Carril de potente disparo; 1-1, m.31: xogada combinativa da selección que termina cun gran gol de cabeza cunha vaselina por encima do porteiro ceense Alfredo. Partido da selección ante un Compostela cun gran xogo combinativo dende inicio o cal xa na primeira xogada pillou dormida a selección e cun forte disparo de Carril fixo inútil a estirada de Manu. O partido igualouse tralos cambios e a selección pasou a dominar o partido e acercarse a portería rival. Nunha xogada combinativa dende portería terminou nun centro que encontrou un gran remate de Alfredo no minuto 31 e intentando a victoria ata o final que non foi posible. Finalmente, trala unha vez que o Imperátor venceru 1-2 á SD, o Imperátor quedou campión, a Selección da Costa subcampiona e a SD terceira.
A convocatoria
Esta foi a convocatoria de Josiño e Martín.
CLUB | Xogador |
U. C. CEE | ALFREDO VÁZQUEZ RODRIGUEZ; SERGIO PAZ LUACES; ISAAC VILAR RAMOS. |
S. D. SOFÁN | LUIS GUILLERMO GONZÁLEZ-BOTAS; IVÁN FRAGA ECHEVERRY; MANUEL CASTRO RAMILO |
SP. SEAIA | FRANCISCO J. GARCÍA CALVELO. |
C. F. DUMBRÍA | NICOLÁS ABELENDA POSE; MARTÍN LODEIRO PÉREZ; RAÚL LADO MAYO; EMILIO CASTRO LEMA |
CABANA S. D. | MANUEL NANTÓN VARELA |
U. D. CERQUEDA | IVÁN BLANCO FARIÑA |
S.D ESTEIRANA | MARTIN RAMA NUÑEZ |
C.D.C. ZAS | JOEL AMEIJEIRAS GRILLE; GUILLERMO EIROA BLANCO; BRYAN GARCIA PEREIRA |
CORME C.F. | XOEL CASTRO GARCIA |
OUTES C. F. | SERGIO MARTINEZ BAZARRA; PABLO TUÑAS CAAMAÑO |
