Terceira Galega: Que chega, que chega...
17:06 13/03/17
O Muxía está a un triunfo de ser novo equipo da Liga da Costa, a pesares de igualar nun partidazo ante un bo Lira; a loita polo playoff mantense espectacular
Partidazo do Cabana na casa - Foto: SD Cabana
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
Volantes de Baño 1-0 Outes B
Campo: Eleuterio Balayo
Volantes de Baño: Javira, Mou, Maikel Perrito, Yeray, Roi Txokeiro, Pardelo, Púgil, Mingos, Cajulo, Kanote e Juan do Sivil
Outes B: Álex, César (Joel m.73), Jose, Sergio, Samuel, Pablo, Silva, Saúl, Kike (David Brea m.46), Álvaro e Alberto (Paulo m.64)
Árbitro: Mella Fernández (A Coruña). Amonestou a Mou, Mingos, Kanote e Roi Txokeiro do Volantes; Samuel e Sergio do Outes B
Gol: 1-0 m.66 Maikel Perrito
Unha perra vitoria
Un remate de Maikel Perrito, un dos mellores defensas da liga á hora de incorporarse ao ataque, deulle o triunfo a un Volantes de Baño que cada vez cheira máis a que vai loitar por regresar á Liga da Costa. Non foi un gran partido dos muradáns, moi irregulares dentro da propia contenda. De feito, na primeira metade a mellor oportunidade foi para o filial do Outes, nun balón incomprensiblemente marrado por Kike, cando nin sequera estaba Javira baixo paus. Non tivo demasiadas opcións de gol o conxunto laranxa, o único que se estaba a xogar algo na contenda. Si foi superior despois do paso por vestiarios, e aos vinte minutos chegou o remate salvador dun Maikel Perrito convertido en líder dentro e fóra do terreo de xogo, ademais de ser un dos futbolistas con máis veteranía do equipo.
Lira 0-0 Muxía
Campo: Lombáns
Lira: Peipo, Disciclín, Cristian, Adrián, Manuel Cartamil, Canosiña (Eloy Karocho m.61), Miguel, Essién, Oli Bermejo, Suso Perico e Kike
Muxía: Santi Papi, Chans, Maikel, Denis, Martinciño, Pereira (Julián m.86), Adrián Alcaina, Conguito, Víctor Alcaina (Pesqui m.60), Iván Lagoa (Currás m.90) e Adrián Negro
Árbitro: Morlán García (A Coruña). Expulsou a Adrián, do Muxía (m.52) e a Manuel Cartamil (m.83) do Lira. Amonestou a Essién, Miguel do Lira; Denis do Muxía
A batalla nula
Deu nivel de gran equipo un remozado Lira, que impediu a derrota co gran dominador da competición esta campaña, un Muxía que xa conta as semanas para ser o novo campión. Xogouse cunha intensidade que esquenceu a táboa clasificatoria e semellaba unha final. Os dous equipos desfrutaron de oportunidades para levar os tres puntos. As tres máis claras levaron o selo da Virxe da Barca. Conguito disparou rozando o pau, os visitantes pedían penalti por derribo sobre Iván Lagoa e Adrián Negro marraba en boca de gol. Precisamente, o ex do Cee e o Camariñas era protagonista da última xogada da primeira metade, ao saltar con Manuel Cartamil e levar un forte golpe no nariz. A parroquia liracha tamén protestou moito a actuación de Morlán García, que non deixou contenta a ningunha das dúas partes. Tomaría a xustiza pola súa man na reanudación Adrián, que devolvía o golpe a Manuel Cartamil e era expulsado no momento. Desde o Muxía quixo pedirse perdón públicamente pola acción. Medrou a partir de entón un Lira que poñía a proba a Santi Papi, especialmente nun lanzamento do recén chegado Disciclín, irmán do futbolista do Fisterra Breixo e retirado do fútbol desde hai anos. Recén terminado o partido do Ameixenda, o Muxía sabía que un gol lle facía campión, e a piques estivo Maikel de convertelo.
Ameixenda 1-1 Sporting Seaia
Campo: San Paio de Refoxos
Ameixenda: Farrapa, Grille, Diego Oca, Javi (Juan m.85), Rubén Yeyé, Bicho, Trillo, Jesús, Cristian, David (Bruno m.72) e Demetrio
Sporting Seaia: Che, Roque, Canario, Javi, Jorge, Sergio, Dimaga, Adrián, Josiño, Zala (Anxo m.75) e Chols
Árbitro: Fuentes Seoane (A Coruña). Amonestou a Bicho, Diego, David e Cristian do Ameixenda; Chols do Seaia
Goles: 0-1 m.35 Javi; 1-1 m.76 Demetrio
Sopresa en Cee
Co Ameixenda tentando amarrar a segunda praza, e tamén retrasar o alirón do Muxía, chegou o Sporting Seaia para poñer un paréntese na zona alta. O cadro malpicán, moito mellor nos últimos meses, realizou un excelente traballo en San Paio de Refoxos, e durante moitos minutos tivo contra as cordas ao Ameixenda. Resultou igualadísima unha primeira metade sen demasiadas opcións de perigo. O balón era dos de Pato, que non acababan de superar a última línea de presión do seu rival. Non sería case ata o minuto 20 cando as áreas tiveran protagonismo. Unha boa acción colectiva local acabou cun disparo alto de Jesús. Acto seguido, Demetrio tamén rozaría o gol. Pero o que si o atparía sería o Seia, perigosísimo cada vez que conseguía saír á contra, e que abría o marcador pasada a media hora, no rexeite dunha falta que Javi convertiría en gol. Pudo repetir o atacante pouco despois, pero o árbitro sinalou fóra de xogo. Só Jesús levou perigo ceense antes do intermedio. A necesidade fixo que o Ameixenda intensificase a súa ofensiva e estirase na reanudación, con inevitable ida e volta nas porterías. O pau salvou o segundo dos visitantes, mentres que unha vez cedeu físicamente o seu rival Jesús conectou unha vaselina case perfecta por enriba de Che. Demetrio empurrou a gol e igualou o marcador. Curiosamente, o tanto pareceu darlle de novo forzas aos malpicáns, que perdoarían o segundo en varias ocasións. É o terceiro empate seguido do Ameixenda na casa.
Castrelo 1-3 Nantón
Campo: Municipal de Vimianzo
Castrelo: Caamaño, Curra, Pichón, Luis, Gus (Carreira m.65), Steven, Costa, Chuchi (Cris m.55), Vicente, Edgar e Maikol
Nantón: Guille, Lareu, Raúl, Pablo, Diego Bello, Touriñán (Tato m.67), Fabio (Kevin m.64), Redondo, Enmanuel, Silva (Eloy m.55) e Martín
Árbitro: Pérez Rellán (A Coruña).
Goles: 0-1 m.1 Redondo; 0-2 m.7 Silva; 1-2 m.34 Vicente; 1-3 m.70 Enmanuel
O Nantón sempre volve
Nunha difícil visita ao Municipal de Vimianzo, o Nantón foi quen de sacar adiante o encontro e aferrarse ao seu posto de loitar polo ascenso á Liga da Costa. O cadro cabanés empezou a solucionar o partido moi cedo, antes incluso do primeiro minuto. Redondo aproveitou unha indecisión entre Caamaño e a súa defensa para encamiñar o que podería ter sido unha tarde moito máis dura. Pouco despois, Silva finalizaba unha boa acción colectiva, iniciada na defensa, e certificaba a mellor versión do Nantón en moitos encontros. A vantaxe relaxou o ritmo visitante e fixo que o Castrelo medrase, ata tal punto que unha falta mal rexeitada pola zaga branca permitiulle a Vicente coller o balón e resolver cunha sutil vaselina. Habería tempo para máis, e antes do intermedio os vimianceses reclamaron un penalti por mans dun futbolista do Nantón. O segundo tempo foi un quero e non podo do Castrelo e un exercicio de oficio por parte visitante. Enmanuel, no ecuador desa reanudación, aproveitaba un rexeite de Caamaño para pechar definitivamente o encontro. O peor da tarde foi a lesión de Tato, que abandonou o campo en ambulancia.
Cabana 3-0 Camelle
O Camelle botou en falta máis efectivos - Foto: SD Cabana
Campo: As Redondas
Cabana: Vázquez, Djamel, Ismael, Raúl, Laik (Christian m.82), Manolo do Cruceiro, Álex, Fernando (Diego m.63), Miki Pose (Cacha m.61), Reigía (Grille m.83) e Cabana
Camelle: Rubén, Cristian, Rodri, Carlos Valiña, Álvaro, Tedín, Javier, Jose, Mario, Sergio e Álvaro
Árbitro: Regos Martínez (A Coruña).
Goles: 1-0 m.10 Reigía; 2-0 m.47 Fernando; 3-0 m.88 Manolo do Cruceiro
Sinxelo de máis
Non houbo cor no enfrontamento entre o Cabana e un Camelle sen o seu porteiro habitual e cunha convocatoria xustísima. Foi abrumador o dominio dos de Mingui, que a pesares diso só foron quen de acertar nun remate de Reigía aos dez minutos, despois dun excepcional pase de Miki Pose. Non houbo nin un só achegamento perigoso dos camelláns nese primeiro acto. Nada máis vltar de vestiarios, Fernando faría o segundo para os cabaneses, con Miki Pose unha vez máis convertido no Señor Cátering e asistindo tras unha gran acción persoal. Mellorou lixeiramente o Camelle unha vez decreceu a intensidade do choque, e creou varias opcións. Manolo do Cruceiro pecharía o marcador co tempo case cumprido, ao finalizar unha contra.