Todo preparado para a III Gala do Fútbol da Costa - QPC
Xa está todo listo. Os nominados avisados, o Concello de Dumbría preparando a Casa da Cultura de Olveira, Fran Hermida ao tanto de todo, os premios de Viki Rivadulla e dos Oleiros de Buño esperando polos seus donos… A III Gala do Fútbol da Costa - QPC está en marcha, e esta mesma noite, ás 20:30h, a Casa da Cultura de Olveira acollerá o punto de encontro de todo o ”Fútbol da Costa”, mentres seguimos pendentes da celebración ou non da Final da Copa da Costa.
De seguro que se enche a cuca casa da Cultura dumbriesa, i é que o recibimento que estamos percibindo dos premios é espectacular. Nais que nos chaman para darnos as gracias pola nominación dos seus fillos, xogadores que virán con bigote ao evento… É moito o #FútboldaCosta.
E xa saben, se non estades dacordo con algunha nominación, non nos voten a bronca, que foron votacións completamente abertas entre máis de 150 persoas vencelladas ao fútbol costeiro.
Os gañadores, coñecerémolos esta noite!!
Máis información
Novas da Gala
- Os nominados aos Premios da III Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- As completamente abertas votacións dos Premios da III Gala do Fútbol da Costa-QPC.
- Fran Hermida volverá ser A Voz do Fútbol da Costa.
- O cartel definitivo da Gala do Fútbol da Costa: De patrocinadores e premios.
- En marcha a III Gala do Fútbol da Costa.
- 2013: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).