Venres. 29.03.2024
El tiempo

Toni Trillo volve á competición con podio

Toni Trillo volve á competición con podio
Toni Trillo co seu quad en Valladolid Toni Trillo co seu quad en Valladolid

Xa pasou unha semana dende a volta á competición de Toni Trillo. O dumbriés montábase de novo no seu quad para participar na Carreira de Cogeces del Monte (Valladolid), puntuable para o Campionato Ibérico Oftrack (que xa gañou en 2014) e tamén para o Campionato de Castilla León.

E malia que este curso anda algo xusto de orzamento, Toni conseguiu rematar no podio, cun 2º posto máis que meritorio.

Tivo unha viaxe ardua, saíndo ás 3:00h para chegar á primeira hora da mañá e competir directamente, e volver pola tade-noite. Esperábanse choivas pero ao final o tempo permitiu que os 50 pilotos chegados de toda a península, disputasen unha fermosa carreira.

Saía fatal o piloto costeiro, pero tocaba remontar. A pista era estreita polo que a cousa estaba difícil, pero na 3ª volta xa estaba nunha segunda praza tremenda. Non conseguiu alcanzar ao primeiro, pero “ao final segundo posto que non esta nada mal”, coméntanos Toni, que xa é líder do Campionato de Castilla León.

Carreira de quads de Cogeces del Monte-Valladolid Carreira de quads de Cogeces del Monte-Valladolid

Unha participación a deste dumbriés que non sería posible sen o apoio dos seus patrocinadores: Kupu, RMotor, Clínica de Fisioterapia A Xunqueira, Aluminios Dumbría e Holeshot.

E xa está pensando na vindeira, que será o día 10 de abril en Vimioso (Portugal) na cal participarán máis de 60 quads de toda península, polo que se agarda unha gran carreira.

Fonte

Comentarios