Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un accidente volve azoutar o fútbol da Costa con 3 feridos e un falecido

Un accidente volve azoutar o fútbol da Costa con 3 feridos e un falecido

A pasada fin de semana pasada será lembrada polo sur da bisbarra como negra. Un novo accidente de tráfico ten aos concellos de Muros e Carnota en vilo. 4 rapaces da zona sufría un forte accidente arredor das 7:00h da madrugada do sábado ao domingo, e as consecuencias xa son terribles, devolvendo as pantasmas que hai dous anos levaran a dous mozos muradáns. O accidente tivo lugar na AC-550 entre Baño e Abelleira.

Dani, ex xogador do Louro e máis coñecido como Patorro, perdía a vida na tarde de onte por mor das feridas. O rapaz, natural de Abelleira, non puido superar as hemorraxias.

A situación segue complicada para outros tres rapaces de Abelleira, Pepiño, Juan e Alex, os dous primeiros xogadores do Lira. Alex atópase bantante recuperado pero o pronóstico dos Pepiño e Álex, ambos de 21 anos, é reservado. A Pepiño, que segue inmobilizado, extirpáronlle o bazo pero parece fóra de perigo. Juan, de 23 anos, atópase nunha situación máis complicada. Xa foi operado en dúas ocasións e ten un forte traumatismo craneal.

Un quinto pasaxeiro do coche siniestrado, e non relacionado co mundo do fútbol, atópase en mellor estado.

A día de hoxe, toda a Costa está volcada para animar aos feridos e ás súas familias.

Pero... a todo isto, onde está o Noitebús?

Fonte

Comentarios