mércores. 19.03.2025
El tiempo

Un bronce para o Olimpia nos Campionatos Galegos Cadetes

Un bronce para o Olimpia nos Campionatos Galegos Cadetes
O Olimpia nos Campionatos Galegos Cadete Jesus Daniel Zurita foi bronce

O pasado sábado 17 de maio a Asociación Deportiva Olimpia participaba no Campionato Galego de Cadetes, onde contaba coa presenza dos tres cadetes do club ceense. E a resposta foi moi positiva pois houbo un podio e dúas boas actuacións.

O mellor clasificado foi Jesús Daniel Zurita, que acadou o 3º posto en Lonxitude con 5,32 metros, unha gran marca. Jesús tamén participou na semifinal do 100 ml quedando as portas da final por 2 centésimas de segundo.

Brais Lago Trillo foi 4º nos 3000 metros lisos, mellorando a súa mellor marca persoal con 10'14”.
E Elián Numa López foi 5º nos 1000 m mellorando tamén a súa marca persoal 3'00´´.

Novas relacionadas

Comentarios