Sábado. 07.09.2024
El tiempo

2ª Autonomica: Un líder de sambódromo e outro como San Pedro

2ª Autonomica: Un líder de sambódromo e outro como San Pedro
O campo do Castriz, un dos compromisos duros que lle quedaban ao Zas, foi o santuario onde purgou os pecados dunha semana atrás o cadro sportinguista; mentres, o Fisterra estreou liderato a ritmo de charanga. O San Lorenzo deixouse, outra vez, media liga ante o Ponteceso. Piti, do Fisterra, ante Estéfano, do Mazaricos - Foto: Darío Gómez Piti, do Fisterra, ante Estéfano, do Mazaricos - Foto: Darío Gómez   Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Fisterra 4-1 Mazaricos
  • Campo: Ara Solis
  • Fisterra: Norberto, Rubia (Manuel Cartamil m.88), Rodrigo (Julito m.90)´, Cote, Roco, Jesús, Guardiola (Bruno m.71), Piti, Robertín, Mané (Pablo Lestón m.68) e Adrián (Adri m.79)
  • Mazaricos: Miguel, Matías, Martín, David, Ricardo, Chenel, Estéfano (Molinos m.84), Juan, Miguel Riveiro (Brais m.14), Pereiro e Marcos
  • Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña). Amonestou a Adrián, Rubia e Bruno do Fisterra; Brais, Chenel, Martín do Mazaricos
  • Goles: 1-0 m.2 Adrián; 2-0 m.31 Mané; 3-0 m.34 Guardiola; 3-1 m.46 Ricardo; 4-1 m.74 Jesús
  Sambódromo en Ara Solis-Foto-Darío Sambódromo en Ara Solis-Foto-Darío Sambódromo en Ara Solis-Foto-Darío 600 persoas encheron o Sambódromo en Ara Solis Jesús, chave desde a súa chegada, encara aos seus rivais - Foto: Darío Gómez Jesús, chave desde a súa chegada, encara aos seus rivais - Foto: Darío Gómez Ara Sambis Case un milleiro de seareiros foron a charanga perfecta para unha festa da fisterranía en forma de partido co Mazaricos. Por se había dúbidas sobre os nervios, Adrián acudíu ao matrimonio co gol nada máis comezar. Foi como se a grada metera o primeiro. Co barco xa navegando a velocidade de cruceiro, e os visitantes sen ser un iceberg, Mané, de gol olímpico, e Guardiola, case desde o medio do campo, sentenciaron. Ricardo, tras un erro de Norberto, puxo un efímero punto de emoción que se encargou de borrar Jesús, tras finalizar unha longa xogada en área rival. Fisterra-Mazaricos-Foto-Dario Gomez Fisterra-Mazaricos-Foto-Dario Gomez   Porteño 5-0 Buño
  • Campo: A Grixa
  • Porteño: Martín, Manuel, Gabri, Pejo (Jose m.76), Caamaño, Cousillas, Marcos (Adrián m.54), Quilmes, Abel (Wii m.59), Cachi (Jorge m.67) e Mario Toja
  • Buño: Toni, David, Fran Borrazás, Eloy (Alexander m.62), Dimitri, Gurita (Jordan m.62), David Dourado (David Castro m.74), Dani Calvete, Richard, Víctor e Miguel Dourado
  • Árbitro: Pérez Álvarez (A Coruña). Expulsou a Jordan, Richard e David (m.78). Amonestou a Pejo, Gabri, Cachi e Cousillas do Porteño; Víctor, Eloy, David Dourado do Buño
  • Goles: 1-0 m.10 Cachi; 2-0 m.22 Abel; 3-0 m.26 Cachi; 4-0 m.56 Abel; 5-0 m.87 Mario Toja
Fuxida cara diante na Ponte do Porto Vitoria contundente do Porteño nun enfrontamento chave pola fuxida dos arrastres, ante un Buño ao que se lle baixou toda a moral do éxito de sete días atrás. Son nove goles en dous partidos para os da Ponte do Porto, cinco deles co selo da recente fichaxe Abel. Abriu o marcador Abel, despois de que Quilmes se disfrazase de Iniesta para asistir a Marcos, e este ao propio Cachi. Un saque de banda de Pejo, disfrazado de Rory Delap, serviu para que Abel se estrease co segundo, mentres que un rexeite, todavía no ecuador do acto inicial, provocou o terceiro, e o dobrete na conta de Cachi. Desbordado, o Buño tentou medrar no segundo acto, pero xa era tarde, e con espazos Abel e Toja decidiron.   Castriz 1-2 Sporting Zas
  • Campo: San Pedro
  • Castriz: Añón, Iván, David Agra, Alberto (Chinda m.53), Diego Maneiro (Gemelo m.80), Bruno, Bolón, Mata, Álex Flores, Darío Capelo e Alejandro
  • Sporting Zas: Bugy, Rubén Forján, Manu, Braulio, Diego Fernández, Isma, Cilindro, Chapela, Rubio (Josito m.90), Dani e David Blanco
  • Árbitro: Dacal López (A Coruña). Amonestou a Bolón e Bruno do Castriz; David Blanco do Sporting Zas
  • Goles: 0-1 m.22 Rubén Forján; 1-1 m.33 Iván; 1-2 m.66 David Blanco
David Blanco 'Mata' Fundamental e sufrido triunfo do Sporting Zas en Castriz, a costa dun cadro local forte arriba e algo débil na zaga. Rubén Forján, de tiro desde a frontal, abriu un marcador que pouco despois igualaría Iván tras xogadón de Álex. Isma viu colo lle anulaban o que tería sido o 1-2. Un balón colgado desde o curruncho, no ecuador do segudo tempo, foi aproveitado e remachado a gol polo pichichi da Liga da Costa, un David Blanco chave para manter a flote tódalas esperanzas sportinguistas.   Cabana 2-2 Camariñas Cabana e Camariñas xogaron un encontro sen demasiado en xogo - Foto: Cabana Cabana e Camariñas xogaron un encontro sen demasiado en xogo - Foto: Cabana
  • Campo: As Redondas
  • Cabana: Víctor (Darío m.74), Grille (Pablo Pose m.46), Jose, Isma, David Varela, Miki Pose (Raúl m.74), Diego Varela (Reigía m.46), Fernando, Alberto, José Manuel e Adrián
  • Camariñas: Brais Nión, Rodri, Kevin, Maikol, Brais, David (Martín m.60), Yuyo, Antelo (Adrián m.6'0), Nico, Paco e Moriño
  • Árbitro: García Vázquez (A Coruña). Amonestou a Grille, Alberto e Christian do Cabana; Yuyo e Martín do Camariñas
  • Goles: 0-1 m.5 Yuyo; 0-2 m.29 David; 1-2 m.80 Fernando; 2-2 m.88 Reigía
Punto de autoestima Sen demasiada importancia clasificatoria, sirve para darse unha relativa alegría o punto do Cabana, que ao descanso caía ante un Camariñas alternativo e descoñecido na súa formación. Houbo pouca tensión e calidade no xogo dun encontro no que os locais tiveron cousas positivas en ataque e erros grandes na retaguardia.   Baíñas 3-0 Esteirana
  • Campo: Municipal de Vimianzo
  • Baíñas: Sergio (Joselu m.72), Matías, Carlos, Mario (Samuel m.51), Jorge Calvete, Cristian (Eloy Cabeza m.46), Javi Suárez, Canay (Esteban m.65), Tasky (Jaime m.46), Alemán e Dani Casal
  • Esteirana: Roberto, Dani Rama, Rafa, Martín, Adrián, Brais (Iker m.56), Pablo Rama, Eloy (Carlos m.46), Codesido (Anxo m.64), Jaime e Tobío (Xián m.46)
  • Árbitro: Regos Martínez (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.3 Javi Suárez; 2-0 m.23 Canay; 3-0 m.71 Dani Casal
O silencioso Baíñas Nunha relaxada recta final, o Baíñas ten chegado case ao 'diploma olímpico'. Os vimianceses, sen presión, viven do talento, e esa foi a diferencia ante a inexperta Esteirana. Dominio dos tempos e pegada ante un cadro muradán demasiado lánguido. Os de Corredoira apretan por arreóns e saber imprimirlle a marcha que máis lles convén.   Cerqueda 0-2 Unión Club Cee O Cee amosou o seu bo momento - Foto: UD Cerqueda O Cee amosou o seu bo momento - Foto: UD Cerqueda
  • Campo: Xaviña (Buño)
  • Cerqueda: Diego Dourado, Brais, Jonás, Athu, Carlos, Fran, Luchi (Darío m.56), Juanjo (Sergio m.50), Martín (Eloy m.46), Lorenzo e Fernandito
  • Unión Club Cee: Ángel Luis, Álex (Esteban m.50), Jorgito, Jacobo, Borja, Aitor, Isma Lamela (Trillo m.85), Josiño, Leo (Rubén Fiua m.76), Xabi (Isma Leis m.86) e Chiru
  • Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Expulsou a Josiño do Cee (m.81). Amonestou a Martín, Jonás, Sergio do Cerqueda; Jacobo do Cee
  • Goles: 0-1 m.70 Esteban; 0-2 m.82 Chiru, de penalti
O partido con menos presión da xornada Non se xogaban nada nin Cerqueda nin Unión Club Cee, que nin sequera corren perigo de chegar a pasar problemas clasificatorios. No desenlace venceu o acerto unionista, nun bo remate de Esteban e un penalti convertido polo canteirán Chiru.   Ameixenda 5-1 Coristanco
  • Campo: San Paio de Refoxos
  • Ameixenda: Óscar, Demetrio, Javichu, Bruno, Bichiño, Álex, Jesús, David (Borja m.62), Brais, Grille (Samuel m.68) e Rafa
  • Coristanco: Eloy, Marcos, Jorge Lorenzo (Jonathan m.66), Álex (Gustavo m.70), Gonzalo, Pazos (Jose m.78), Rubén (Añón m.66), Javi, Pablo Díaz, Cristian e Iván
  • Árbitro: Seoane Sánchez (A Coruña). Amonestou a Demetrio do Ameixenda; Rubén, Cristian e Añón do Coristanco
  • Goles: 1-0 m.16 Álex; 2-0 m.22 Álex; 3-0 m.63 Rafa; 4-0 m.70 Álex; 4-1 m.90 ; 5-1 m.91 Álex
Álex os trouxo de cabeza Tres goles coa testa de Álex déronlle un triunfo chave ao Ameixenda, ante un rival que viña de poñer a Liga da Costa patas arriba. Un disparo lonxano coa colaboración do meta visitante rachou o encontro, no que os visitantes atoparon dificultades no feudo ceense. Os locais tiveron o acerto do que careceran ata agora.   San Lorenzo 1-1 Ponteceso
  • Campo: As Pedreiras
  • San Lorenzo: Javi Souto, Isaac, Rubén Varela, Rudi, Adrián Varela (Luis m.71), Álex Taibo (Adrián Fraga m.62), Mario, Álex Figueiras, Juni, Fuentefría e Parafita
  • Ponteceso: Brais, Nando, Alberto Recarey, Juanma, Dieguito, Iago (Puente m.52), Baba, Laik, Mendieta, Christian (Youssef m.85) e Charly
  • Árbitro: García Novo (A Coruña). Amonestou a Álex Figueiras e Mario do San Lorenzo; Mendieta, Nando, Dieguito e Charly do Ponteceso
  • Goles: 0-1 m.21 Fuentefría, en propia meta; 1-1 m.45 Álex Figueiras
Pau nas Pedreiras Retornou o Ponteceso de hai un par de meses xusto para frear ao San Lorenzo e deixar aos carballeses xa a un partido do dúo de cabeza. O estado do terreo de xogo marcou o choque, cos dous equipos presionando arriba e xerando sobre todo perigo a pelota parada. Foi así como chegaron os dous goles, ambos no primeiro acto. Un en propia meta de Fuentefría, tras varios rexeites e á saída dun córner, deulle vantaxe ao Ponteceso. Igualou na prolongación Álex Figueiras, de falta directa. Dominaron os locais nun segundo tempo de acoso sen derribo. Nos compases finais houbo polémica. O San Lorenzo viu como lle anulaban un tanto a Luis e o Ponteceso reclamou un penalti sobre Martín Puente.   Volantes de Baño 1-1 Carnota
  • Campo: Eleuterio Balayo
  • Volantes de Baño: Javira, Fran, Mou, Juan do Sivil, Javi, Pardelo, Mingos (Cucurro m.72), Uru, Andel, Ivi e Yanky (Ramonsiño m.67)
  • Carnota: Andrés, Pumuky, Adrián, Manolo Chouza, Nakata, Raúl, Oli Bermejo (Bernardo m.75), Adri (Oreiro m.71), Miguel, Manuel Luis e Jose (Pedro de Pichín m.46)
  • Árbitro: Gómez Otero (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.6 Adri; 1-1 m.89 Uru
Dous disparos ao pé Neutralizaron as súas opcións, mínimas no caso dos visitantes, o Volantes de Baño e o Carnota. Nun encontro moi malo, os locais igualaron na recta final. Pediron man os muradáns no tanto de Adri, e tamén reclamaron unha pena máxima. Os visitantes, ben organizados, levaron un pau co tanto final de Uru, froito da insistencia local.  

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios