Un lobo, un equipo con pel e raza, e entre medias un Cordeiro
21:50 20/03/16
A vitoria no partidazo de Outes sitúa ao Sofán a puntos cos postos de ascenso, a falta de só seis xornadas; na Liga da Costa quedan prácticamente tres candidatos ao título
O Corme celebrou o título de campión Cadete
Con voz de Félix Rodríguez de la Fuente, o Sofán, cual cazador silencioso, achégase ao Cordeiro e ao ascenso. Con paciencia, sen facer ruido, e con mordente. Os carballeses sacaron adiante un gran derbi en Outes, aproveitaron o 'gatillazo' do Unión de Asados e se poñen en puntos de Preferente. A Costa empeza a soñar cun dobrete que apaga o previsible baixón do Dumbría. Non errou o Soneira en Piloño, e os vimianceses empezan a a acadar unha distancia que calquera aseguradora ou casa de aposta blindaría. Bandexa de prata para os brancos, con Lesende, Baio, Unión, Malpica, Sigüeiro e Flavia como oposicións a superar. Foi en xeral unha xornada de dividendos golosos, pois o Corme en Carcacía e o Baio na casa co Tordoia construiron un piso máis nesa casa ben cimentada para a salvación. Incluso o Malpica estivo a piques de facer a festa rachada e de ter sumado algo co ínclito Cordeiro.
E na Liga da Costa xa está confirmado o trío, con Mazaricos e Ponteceso facendo a goma ou case dicindo un dignísimo e plausible adeus. Seguen sen errar Zas, San Lorenzo e Fisterra, cos carballeses sufrindo e moito para sacar adiante o choque cun Porteño que se agarra con uñas e dentes á Segunda Autonómica. En Fisterra houbo novo festival de Adrián, mentres que en Muros os zascenses cumopriron con gran sobriedade. Mirando hacia abaixo, sacou a cabeza e respirou o Buño en Cee, ante un rival directo coma o Ameixenda, mentres que Cabana e Carnota confirmaron unha situación de uci para os dous.
Fundido a negro e cun panorama preocupante no que ao título se refire é realidade do Corcubión, que esta vez non pudo co Camelle no Rodeiro. Descansaba o Laxe, e volve líder dese 'break'. Non errou o Louro, mentres que o Lira celebrou unha nova vitoria, ao igual un Muxía que ata mira arriba de todo. E arriba, aína que en categoría, segue a asentarse o Xallas de Preferente, cun gran empate en Xallas e cinco semanas seguidas sumando. Menos sorte hai para un Dumbría decepcionante na casa.
E no fútbol base a nova da xornada foi o título Cadete para un Corme que segue a amosar que o tamaño, do pobo, non importa, e si unha filosofía que manten o viveiro de talentos.

Preferente Norte, xornada 30
Primeira Autonómica, xornada 28
Segunda Autonómica, xornada 28
Terceira Autonómica, xornada 25
Xuvenil - Liga Galega, xornada 27
| Unión | 1-1 | Dumbría |
Cadete - División de Honra, xornada 27
| Dumbría | 1-1 | Pontevedra |
Liguilla de Ascenso Xuvenil, xornada 10
Liguilla Copeira Xuvenil, xornada 9
 :Primeira Cadete, xornada 26
Primeira Infantil, xornada 26
AlevínCosta Sur F8, xornada 24
AlevínCosta Norte F8, xornada 4
BenxamínCosta Sur F8, xornada 24
BenxamínCosta Norte F8, xornada 4
Prebenxamín Costa F8, xornada 5
Veteranos, 1ª División, xornada 25
Veteranos, 2ª División, xornada 25
Máisinformación
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).