Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un pontecesán e un dumbriés participaron no Campionato de España de Kick Boxing

Un pontecesán e un dumbriés participaron no Campionato de España de Kick Boxing
Martin Garcia do KickBoxing Ponteceso Martin Garcia do KickBoxing Ponteceso Celebrábase en Marín esta pasada fin de semana o Campionato de España de Kick Boxing. E alí, vestindo o pantalón da Selección Galega, tiñamos representantes tanto da escola de Ponteceso como do dumbriés Club Deportivo Dafit. E grandes novas as que nos deixaron os nosos representantes, deixando patente a gran progresión deste deporte nos últimos anos. Viñendo de norte a sur, o pontecesán Martín García acadou o 3º posto na categoría de lightcontact, participando coa Seleccion Galega. Clasificouse na primeira xornada para as finais e xa o domingo acadou un máis que merecido podio. Todo un éxito para a Escola de Kickboxing Ponteceso. O seu adestrador, Gonzalo Suárez, comentou: "Eu vira os combates e estivo aí aí a cousa, non puido ser polos pelos, pero estou moi contento. Díxenlle que quedaría entre os tres primeiros e conseguiuno". Por Dumbría, para Samuel Sambad Lema (Club Deportivo Dafit), xa era todo un éxito estar aquí, pois coincídelle o cambio de categoría e aos seus recén cumplidos 10 anos está competindo con rapaces de ata 12 con máis de 47kg. O cambio foi significativo pero acabou caendo co que ao finalfoi o campión de España. “Defendeu o seu papel dun xeito moi valiente, e volve para casa sen medalla pero cunha gran aprendizaxe e experiencia”, recoñece un orgulloso e satisfeito Dani Lema, o seu adestrador e padriño. [fbvideo link="https://www.facebook.com/danilemac/videos/1573389082760353/?t=2" width="700" height="400" onlyvideo="1"] Lema non descansa, pois agora toca preparar as sénior Laura Montero Romero e Patricia Túñez Lema e Judith Senlle Pampín para o Campionato de Guadalajara.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios