Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Un segundo posto por equipos e catro podios para o piragüismo costeiro en Mondariz

Un segundo posto por equipos e catro podios para o piragüismo costeiro en Mondariz
Boa participación costiera na penúltima proba da copa galega de Promoción de Slalom. Os dous equipos costeiros volven satisfeitos polo traballo das súas novas promesas.

2º posto para o CDM

Lorena Costa, padexeira costeira Lorena Costa, padexeira costeira O CDM Piragüismo Dumbría acadou o segundo posto na penúltima proba da copa galega de Promoción de Slalom que se disputou en Mondariz e que está organizada polo clube Tea de Augas Bras. Os clube dumbriés acudiu á proba con vintecinco rapaces e rapazas que se posicionaron a vinte puntos do clube Penedo de Tui e superando así aos demais equipos chegados desde distintos puntos da comunidade e de Portugal. Resultados En canto os resultados a nivel individual, os máis destacables son o triunfo unha vez máis de Lorena Costa no K1 infantil femenino na súa primeira competición despois do seu ingreso no centro galego de Técnificación Deportiva de Pontevedra. Pola súa banda, Marcos Sánchez destacou no K1 infantil onde acadou unha meritoria segunda praza. O resto dos rapaces fixeron todos un gran papel e agora só falta esperar á celebración do Campeonato Galego de Slalom, que en principio está fixado -sen confirmar- para a vindeira fin de semana.

4 podios para o Sen Siras

Martin Fernandez do Sen Siras en Modariz O club de slalom de augas bravas Sen Siras, non retorna en balde da última copa de promoción celebrada en augas do río Tea, en Mondariz. Os máis pequenos do club volven con catro podios, un segundo posto e tres terceiros. A mazaricá Sara Fernández logrou a 3ª posición en k1 benxamín, tan só a medio segundo da súa predecesora, Claudia López do Deportivo Miño, realizando dúas mangas impecables sen ningunha penalización, a pesar da curta idade Sara está no nivel de nenas moito maiores que ela. Seu irmán Martín tamén ven de volta con medalla, pero de prata, quedando segundo no k1 benxamín, segunda posición que sabe a pouco, pois a Martín sóbralle calidade para facerse co primeiro posto. Jorge Quintáns volveu a lograr dúas medallas, a primeira en canoa, unha modalidade na que non adestra, polo que ten moito mérito lograr ese resultado solo subindo a ese tipo de embarcación na competicións. En kayak, a pesar de marcar o mellor tempo da proba, como ven sendo habitual nel, gañou todas as copas galegas desta temporada excepto unha na que non puido asistir, por estar adestrando en Francia e esta, na que un toque na primeira porta fixo que perdera a concentración e cometera máis penalizacións que o relegaron a terceira posición. O resto do equipo do Sen Siras non conseguiron subir ao podio pero fixeron un gran traballo, Francisco Fernández, rematou 10 en k1 e 12 en c1, realizou baixadas de moita calidade técnica como ven sendo habitual nel. Ser infantil de primeiro ano penalízao fronte a outros nenos que son un ano maiores que el, dentro dos do seu ano, Francisco e dos mellores padexeiros galegos da modalidade e na próxima tempada volveremos a velo subido no podio. Óscar Pereira, a pesar do pouco tempo que leva nesta modalidade logrou rematar de 15 en k1 alevín. Os avances neste neno son espectaculares e de seguir así, pronto empezará a remontar máis postos nas vindeiras probas. Tomás Quintáns foi de menos a máis, sendo a segunda manga tanto de kayak como a de canoa moi boas, que o situaron finalmente de 19 en k1 e 17 en c1. O mazaricano Eloy Pereira rematou 13 en k1 e 19 en c1. Podémolo calificar como a sorpresa desta tempada no Sen Siras, a pesar do pouco tempo que leva neste mundo, igual que seu irmán Óscar, logrou pasar dos últimos postos da clasificación a metade da táboa en moi poucas competicións, ten un potencial físico impresionante e moita facilidade para asimilar a técnica, vai dar moito que falar este rapaz. A próxima cita será o próximo domingo na localidade de Arbo, onde se celebrará o campionato galego desta modalidade, onde o equipo agarda volver con moi bos resultados.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios