![praia[1]]()
Este venres, 31 de agosto, a corcubionesa praia de Quenxe acollerá a IX edición do Campionato de Fútbol Praia. A cita está organizada polo Concello de Corcubión en colaboración coa Escola de Fútbol Base de Corcubión.
O torneo dividirase en dúas categorías, que son sub 14 e absoluta. Os sub 14 desputarán os partidos en horario de mañá e os maiores xogarán pola tarde.
É necesaria a inscripción. Mañá xoves, 30 de agosto é o derradeiro día para formalizala. Hai dous teléfonos habilitados para tal fin, que son o 981 745 400 e o 661 348 339. Tamén é posible inscribirse na caseta dos socorristas na propia praia de Quenxe e no Concello.
Novas relaciona
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Corcubión.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).