Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un vídeo para motivar ao Sporting Zas

Un vídeo para motivar ao Sporting Zas

Espectacular vídeo que preparou o corpo técnico do Sporting Zas para motivar aos seus xogadores de cara á finalísima do pasado 10 de maio da Pedra do Ouro, onde se xogaba a Liga da Costa. Non valeu para acadar o título, pero seguro que lles vale para afrontar a Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, e a Copa da Costa, ca xun pé nos cuartos.

Coa banda sonora do “Viva Sporting!” (de Lisboa, pero vén o imaxinamos en clave zaense), podemos escoitar a xentes como Víctor Espasandín, xalleiro do Sabadell, o porteiro coristanqués do Almería de 1ª División, Rubén, o mesmo Manuel Mosquera, adestrador do Fabril e director do colexio de adestradores, algún ex xogadores, membros do corpo técnico, o ex míster zaense Corredoira, o gran Fernando Vázquez, e da directiva, amigos, siareir@s e moit@s familiares!!

Todos berran o “Este ano podemos!!”, o “Aupa Sporting”, ou #OZasÉdePrimeira e coinciden xa en felicitar ao equipo zaense pola gran temporada que fixeron. Un documentazo para ver estas figuras falando do fermoso que é o noso fútbol da Costa.

Aaaa, non deixen de ver ata o último suspiro que a sorpresa está no último minuto…

Outro en clave de comedia

E que vos parece este outro que lles preparou tamén a semana pasada?

Impresionante, así motivou Ivan Cancela Rodriguez aos seus xogadores do Sporting Zas para a finalísima do pasado...

Posted by Fútbol da Costa on Martes, 12 de Maio de 2015

Novas relacionadas

Fonte

Motivando ao Zas

Comentarios