Unha Carreira Nocturna e Solidaria De 2 en Dous

Segue o atletismo (ou runnig?) reafirmándose como deporte de masas na Costa da Morte. Esta semana soubemos da I Legua Irmandiña e estamos preparados para o comezo do O II Circuito Correndo pola Costa da Morte. Polo medio, teremos unha nova proba.

O vindeiro sábado 11 de abril, teremos unha cita co deporte de carreira, coa festa, coa solidariedade e coa igualdade. Todo na I Carreira DE 2 EN DOUS, unha proba nocturna con afán solidario e promovendo a igualdade na que tod@s as persoas con diversidades funcionais participen no mesmo circuíto e nas mesmas condicións.

A saída, a partir das 19:00h.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).