Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Unha homenaxe virtual aos outros deportes da Costa da Morte

Unha homenaxe virtual aos outros deportes da Costa da Morte
A Costa Deporte de Anton Leston

Non gusta nunca chamalos deportes minoritarios, nin pequenos, nin os outros, a verdade. Pero é que o poderío do Fútbol da Costa na bisbarra é supremo. Así e todo, dende QPC sempre quixemos prestar atención a todas esas disciplinas deportivas que fan bisbarra, que tecen redes e que fomentan a vida sana, a deportividade, e o compañerismo coma ningún.

Falamos do tenis de mesa, do piragüismo, do voleibol, do balonmán, da pesca submarina, do tiro con arco, do ciclismo, do fútbol sala feminino, do surf, do baloncesto, da vela
Deportes que seguimos vén de preto cada semana que QPC, e que estes días, o corcubionés Antón Lestón vén de recoller nun novo espazo web.

Costa Deporte, nace como un traballo para os seus estudios, pero quedará como un reflexo do gran traballo de ducias de entidades deportivas que abren unha fiestra ao deporte para os nosos veciños.

Hai Futuro

O propio Lestón pregúntase se estas disciplinas teñen futuro. E conclúe que radicalmente si. “O número de rapaces que practican estes deportes crece cada ano”, recorda.

Valora, iso si, que dada a falta de interese e capacidade das federacións de cada disciplina, é necesaria colaboración das institucións, públicas e privadas, como acontece co Concello de Dumbría co piragüismo, voleibol e ciclismo, ou o de Vimianzo co FSF ou o tiro con arco; ou como pasa no eido privado coas conserveiras e o balonmán ou con Ferroatlántica e a vela.

A que tamén é necesaria é a implicación deses Stevo Lema, Víctor Santos, Quique Portela, Fran Toba e CIA, Barca, Juan Jesús, Fran, Chucho e Ángel Pelexo, Pais, Joaquín Moreira, Felipe Sar, Noemí e Marcos, César Ferrío, Unai e Luís Fernando… (e os que se quedan no tinteiro) Profesionais que adican a súa vida a fomentar a súa paixón entre os máis novos. Por eles tamén vai esta homenaxe.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios