Venres. 19.04.2024
El tiempo

Veteranos: En marcha os Oitavos da #CopadaCosta tras unha apretada Previa

Veteranos: En marcha os Oitavos da #CopadaCosta tras unha apretada Previa
Corme-Cabana de Veteranos-Foto-MOdesto Corme-Cabana de Veteranos-Foto-MOdesto A pasada fin de semana celebrábase a volta da Previa, con 4 eliminatorias moi igualadas e outrs 5 bastante claras. Non houbo sorpresas, pero polo camiño quedaron fóra equipos como o San Lorenzo (4º en Liga), que foi eliminado polo campión de Liga, o San Román. En www.copadacosta.com tendes o cadro cos horarios actualizados e cos resultados xa ao mediodía do domingo, e repasamos como foi a fin de semana.

Corme* - Cabana (3-0)

Despois do 1-1 da ida, a eliminatoria estaba aberta, pero foi un partido moi deportivo e claro para os cormeláns. Na primeira os dous equipos combinaron ben pero sen profundidade, se ben o Cabana contou algunha ocasión que salvaba o meta local Jose con boas paradas. Na segunda, o Corme estirou filas, presionou máis arriba, gracias aos cambios, e aproveitando o cansnzo dun Cabana que chegaba cos xustos. Á hora de xogo chegaba o primeiro gol de Josiño, que fusilou a Mato que nada puido facer para deter o tiro. 5 minutos máis tarde de novo Josiño, o máis destacado do partido, facía o 2º, e no 72 Paco facía o definitivo 3-0 que daba o pase aos cormeláns. Como detalle, o defensa cabanés Andrés lesionábase, así que como non había cambios, meteuse baixo paus e Mato pasou á dianteira, pero… acabou expulsado. Banco do Corme-Cabana de Veteranos-Foto-MOdesto Banco do Corme-Cabana de Veteranos-Foto-Modesto

Sofán - Castriz* (1-0)

Igualadísima a eliminatoria con emoción ata a quenda dos penaltis. Co 1-0 do Castriz na ida, o Sofán buscou durante todo o partido o gol que daría o empate. e tardou en chegar, pero faltando 8 minutos chegaría. Media hora de prórroga xa sen forzas, e unha tande de penaltis na que marraron os sofanistas Óscar e Raúl dando o pase ao Castriz.

San Isidro - Ponteceso* (0-2)

Bo partido disputado no campo do Areal de Razo, onde o Ponteceso traía un gol de vantaxe do primeiro partido. Marcaron para o ponteceso Víctor no minuto 1 da segunda parte e Jose Rei no 35 da segunda.

Nantón* - Poniente (6-0)

Sande xogador do Nanton que marcou 3 goles nos minutos 10, 20 e 23 da primeira parte ,o cuarto e quinto gol márcoo Félix, e o último gol marcouno Paco cando faltaba cinco minutos para a final do partido.

Dumbría* - Corcoesto (3-1)

O Dumbría, que viña dun empate na ida, impúxose no Congo ao Corcoesto cos goles de Traba, Isidro e Diego. O gol do Corcoesto marcouno Richar.

Porteño* - Malpica (3-0)

O Porteño impúxose con facilidade, repentido o resultado da ida. David Toja gfoi o protagonista con dous goles, e o outro gol foi marcado por Fontes.

Zas* - Cerqueda (6-1)

Con 3 goles de Pichín, 2 de Fernando Baña e un de Felipe, impúxose ao Cerqueda neste partido que se disputo no campo San Andrés de Zas. O gol do Cerqueda marcouno Joaquín.

Leiloio - Fisterra* (1-1)

Partido moi disputado no campo da Feira Nova de Leiloio, que chegaba da vitoria 4-2 da ida para os fisterráns, que non sufriron demasiado. Marcaron para o Leiloio Jose Manuel e polo Fisterra Rubén, sendo expulsado por dobre amonestación Pol do Leiloio.

San Lorenzo - San Román* (2-2)

O San Román que no partido de ida impúxose por 4-0 goles, comezou vendo que o San Lorenzo non ía dar a eliminatoria por perdida. Os de Verdillo comezaron marcando aos 20 minutos por meio de Eirís, que facía o segundo á volta do descanso. Pero aí reaccionou o San Román, que pouco despois recurtaba por medio de Óscar xa case sentenciando o pase, pois obrigaba aos locais a facer outres 3 goles. A falta de cinco minutos para finalizar o partido, Martín o seu home gol, puxo o 2-2 a este gran partido das Pedreiras.

Soneira* - Bértoa (7-1)

Partido que se disputo no Municipal da Laracha con clara vitoria do Soneira que no primeiro partido se impuña por dous goles a cero, marcaron neste partido Jose Manuel, Miguel (2), Iván e Jesus Coscoñas (2). O gol do Bértoa foi marcado por Alberto. https://quepasanacosta.gal/o-san-roman-alzouse-co-titulo-de-liga-duns-veteranos-que-xa-pensan-na-copa/

Comentarios