![Hosgran de Veteranos do Futbol da COsta-Foto-Modesto]()
O Hosgran é novo equipo da 1ª División dos Veteranos da Costa-Foto-Modesto
Antepenúltima xornada das Ligas dos Veteranos e a cousa está que ferve. Por agora o único decidido é o ascenso do Hosgran, que confirmaba esta semana pasada que estará a vindeira temporada na 1ª División tras vencer ao Corme. O equipo larachés ten todo de cara para alzarse co título, pois conta con 5 puntos de vantaxe sobre o Nantón e un partido menos.
A loita polo ascenso queda entre Nantón e Fisterra. Pero ten tintes brancos esa segunda praza de ascenso, despois de que o Fisterra empatase 3 dos últimos 4 partidos, deixando ao Nantón 5 puntos por arriba. San Isidro e Leiloio xa caeron desa pelexa.
Este domingo, de feito, o Hosgran pode cantar o alirón se gaña en Razo ante o San Isidro e non vence o Nantón. Pero se vence o Nantón será equipo de 1ª.
![Nanton de Veteranos do Futbol da COsta-Foto-Modest]()
O Nantón ten medio ascenso na man-Foto-Modesto
Loita encarnada na 1ª División
![San Lorenzo de Veteranos do Fútbol da Costa-Foto-Modesto]()
O San Lorenzo segue líder-Foto-Modesto
Na 1ª seguen 4 equipos con opcións ao título. San Lorenzo, San Román e Zas non fallaban e aproveitaban para deixar ao Dumbría (que descansaba) na 4ª praza. 5 puntos separan ao líder, San Lorenzo (58 puntos) do Dumbría (53), con San Román (57) e Zas (54) polo medio.
Para esta xornada, o líder o San Lorenzo afronta un difícil compromiso visitando a un Soneira do que sempre se esperaba máis. O San Román teráo máis doado, en principio, coa visita a un pechacancelas practicamente descendido. O Zas recibe ao Milagrosa e o Dumbría terá un complicado choque en Caión co Club do Mar.
Queda un só enfrontamento directo entre os catro de arriba. Na penúltima teremos un San Lorenzo-Zas por todo o alto.
![San Roman da Liga de Veteranos do Futbol da Costa-Foto-Modesto]()
O San Román apreta a táboa-Foto-Modesto
![Zas de Veteranos da Liga do Futbol da COsta-Foto-Modesto]()
O Zas aínda ten que enfrontarse ao San Lorenzo-Foto-Modesto
Pichichis
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Colabora Modesto Parga.