Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Veteranos: Laxe, San Lorenzo e San Román toman vantaxe

Veteranos: Laxe, San Lorenzo e San Román toman vantaxe
O Laxe celebra os goles na Copa da Costa O Laxe celebra os goles na Copa da Costa

Xa ca finalísima na mente e ese bonito partido entre Seleccións preparado, os Veteranos afrontaban este pasado domingo a ida dos Cuartos de Final da Copa da Costa 2017. Uns Cuartos que deixan ao Laxe, ao San Lorenzo e San Román cun pé nas semis, mentres o choque verde entre Coristanco e Fisterra se terá que decidir en Ara Solis.

Son rendas, en todo caso, perfectamente remontables nestas categorías.

Laxe - Bértoa (3-0)

En Laxe, Óscar Toja, pichichi da temporada, foi o xogador máis destacado do partido ante o Bértoa, marcando dous goles e dando o terceiro ao seu compañeiro Víctor. Un 3-0 que despois de ver un partido moi disputado. Comezaba con minutos de tanteo, cun Laxe mandón e un Bértoa que non tiña presa e que sempre buscaba a velocidade dos puntas, Loureiro e Canito. Á media hora entraba Óscar Toja no campo e na primeira xogada, dous regates un tiro dende fóra e gol pola escuadra ante o que nada pode facer o meta Víctor. Non pasaban 5 minutos e Toja regaláballe a Víctor o 2-0 tras outra fermosa xogada persoal. Partido encarrilado.
Na segunda, o Bértoa tivo ocasións para recurtar, nos pés dos sues dous puntas, pero era Toja o que sentenciaba co 3-0.

 

Coristanco - Fisterra (3-2)

En Coristanco, foi un toma e e daca, co cadro local un paso por diante, pero co Fisterra respondendo e con gañas de disputar a final na casa no seu primeiro ano na categoría. Adiantaba Joaquín Pose aos visitantes, pero Juan Souto e Iván González remontaban e metían ao Coristanco en vantaxe ao descanso. Empataba o fisterrán Santi nada máis volver dos vestiarios, pero Carliños deixaba aos coristanqueses por diante. Tivo o empate o cadro fisterrán pero o penalti saíu fóra.

 

San Lorenzo - Soneira (5-2)

Os goles de Marcos, Marcos Rodríguez, Víctor e Cancela (2) deixan unha importante, pero non imposible de recuperar renda para os de Verdillo. Foi un choque intenso xogado na Piña e o Soneira sufría dúas expulsión que o deixo con 9 varios minutos. Mauri e Teo marcaron os goles que deixan unha porta aberta aos soneiráns.

 

San Román - Agualada (5-3)

Marcha con vantaxe o San Román a Agualada gracias aos goles de Víctor (2), Pombo (2) e Havi Fuentes. Pero os triplete do eterno goleador Luís Giancé, deixan ao Agualada aínda con opcións.

 

Novas relacionadas

Crónicas do ano pasado

Máis información

Fonte

Comentarios