Veteranos: O Club do Mar alcanza o título na súa primeira temporada en 1ª División
Faltan 4 xornadas pero as Ligas de Veteranos están practicamente decididas. A semana pasada era o Corcoesto certifica o seu ascenso. Esta semana foi a do Club do Mar, equipo que na súa primeira temporada na 1ª División, xa se alza co título de campión. E con 4 xornadas de marxe.
Aos de Francisco Caamaño bastoulle cun empate na casa ante o San Román xa que o San Lorenzo non foi quen de pasar do empate en Agualada. O equipo caionés leva dende a xornada 6 no máis alto da táboa demostrando unh superioridade que hai tempo que non se vía na máxima categoría do fútbol veterano costeiro.
Menudo palmarés acumula xa o cadro larachés, creado apenas o ano pasado, cando foi subcampión da 2ª División e subcampión de Copa da Costa.
Agora o interese céntrase en saber quen ocupará a segunda praza e a zona de descenso. Por arriba, pelexan a dúa de hoxe San Lorenzo de Verdillo, San Román de Cabovilaño e Soneira. Por abaixo, ademais do Hosgran, matematicamente descendido, pelexan por evitar o descenso Castriz, Laxe, Agualada, Ponteceso e Dumbría.
Ademais, na 2ª, o Corcoesto está a tiro de certificar o título. Mentres Cabana, con 57 e San Isidro con 55 loitan por esa segunda praza de ascenso, se ben o Fisterra, con 47, non está descartado.
Os pichichis
Segue sen decidirse a táboa de goleadores. En 1ª, José Antonio Facal (Agualada), con 22 tantos; está empatado con Óscar Toxa (Laxe), por diante de Juan Carlos Puga (Coristanco), que suma 20.
En 2ª, David Pouso (Corcoesto) suma 30; Nacho (Malpica ), 27; e Marcos Aurelio (Leiloio), 27.
Novas relacionadas
- X.25: O Corcoesto certifica o seu ascenso e o Club do Mar acariña o título da 1ª División.
- X.23: O Dumbría sorprende ao Club do Mar.
- X.20: Corcoesto e San Isidro deixan o aberto o título de 2ª e o Ascenso.
- X.14: O Club do Mar pecha a primeira volta como líder indiscutible.
- X.2: Club do Mar, Zas e Milagrosa mandan.
- X.1: O Porteño empeza a tope.
- O Fútbol en Malpica, o reflexo do envellecemento costeiro.
- Fútbol, sol e churrasco no Torneo de Castriz.
Crónicas do ano pasado
- 2015/2016: O Soneira álzase ca Copa da Costa de Veteranos.
- 2015/2016: O At. Milagrosa, campión da Liga de Veteranos:
- 12015/2016: San Lorenzo e Club do Mar, campións de inverno.
- 2015/2016: Veteranos: O Coristanco cobrou a vinganza na Supercopa ante o San Román.
Máis información en www.futboldacosta.com
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016 en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.