Veteranos: O Corcoesto certifica o seu ascenso e o Club do Mar acariña o título da 1ª División
Menuda marxga a deste Corcoesto. O ano pasado xa quedaron 3º, só por detrás de Porteño e Club do Mar (que demostran o seu potencial este ano na 1ª). Este ano, faltan 5 xornadas e xa ten certificado o ascenso á máxima división da categoría dos Veteranos. O cadro cabanés vencía ao Leiloio por 3-0, sacando 13 ao 3º, o San Isidro, pero tendo o equipo de Razo un partido máis.
Cómpre destacar varios nomes no Corcoesto. Ademais do pichichi da categoría, Pouso, con 29 goles, destacan Pichuco, Pablo e Edelmiro. Pero o equipo completo está formado ademais por Alex, Miro, Pablo, Germán, Martín, Rochi, Héctor, Martín II, Bambán, Toniño, Couto e Miguel.
Varios membros dos Veteranos do CorcoestoPoderá cantar o alirón o cadro laranxa esta fin de semana se vence no derbi ante o Nantón, e non gaña o Cabana, o 2º da táboa. Un Cabana que terá que pelexar co San Isidro ata a última xornada a segunda praza de asceso. Teno de cadra o equipo aurinegro, pois conta con 2 puntos sobre o San Isidro, e aínda ten que sumar os 3 puntos do partido de descanso. Iso si, na antepenúltima xornada hai un San Isidro-Cabana que pode ser determinante.
O Club do Mar, preto do título da 1ª
A falta de 2 puntos está o Club do Mar para alcanzar o título da 1ª División, na súa primeira temporada na máxima categoría. Os caioneses sacan agora 14 puntos a un San Lorenzo moi potente. Queda aínda un choque directo en Verdillo, pero este domingo o cadro larachés poderá celebrar o título se vence na casa ao San Román.
Pichichis
Novas relacionadas
- X.23: O Dumbría sorprende ao Club do Mar.
- X.20: Corcoesto e San Isidro deixan o aberto o título de 2ª e o Ascenso.
- X.14: O Club do Mar pecha a primeira volta como líder indiscutible.
- X.2: Club do Mar, Zas e Milagrosa mandan.
- X.1: O Porteño empeza a tope.
- O Fútbol en Malpica, o reflexo do envellecemento costeiro.
- Fútbol, sol e churrasco no Torneo de Castriz.
Crónicas do ano pasado
- 2015/2016: O Soneira álzase ca Copa da Costa de Veteranos.
- 2015/2016: O At. Milagrosa, campión da Liga de Veteranos:
- 12015/2016: San Lorenzo e Club do Mar, campións de inverno.
- 2015/2016: Veteranos: O Coristanco cobrou a vinganza na Supercopa ante o San Román.
Máis información en www.futboldacosta.com
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016 en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.