Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Vitoria para Iván Ares no Comarca da Ulloa

Vitoria para Iván Ares no Comarca da Ulloa

Tras centrarse este ano de cheo no Campionato de España de Ralis de asfalto, que trala disputa do Rali de Llanes e a suspensión do Rali de Cantabria quedou sentenciado a favor do alicantino Miguel Fuster, Iván Ares e Álvaro Bañobre volvían ao rexional galego con motivo do Rali Comarca da Ulloa, onde acadaron a victoria tras marcar o mellor tempo en todos os tramos.

Foto-Santiago Ruibal-Pe a Chapa Racing Foto-Santiago Ruibal-Pe a Chapa Racing

O rali comezaba na tarde do venres coa disputa do tramo espéctaculo, que discorría no polígono industrial de Monterroso. Un tramo no que as diferencias eran escasas, pero no que Ares marcaba o mellor tempo, seguido dos irmáns Pais e de Alberto Meira e Javier Varela.

Comezaba a segunda xornada coa disputa dos tramos de Castelo de Pambre (11,95 km) e Monterroso (12,9 km) a dobre pasada, onde o piloto de Cambre seguía a marcar a pauta, con Meira e Pais por detrás, e con Adrián Díaz cuarto no seu estreno co Porsche 911 GT3 2010. Tras o primeiro paso por estes tramos, Ares deixaba a Meira a 18.5 segundos, cos irmáns Pais xa a 25.5 segundos, e Díaz a casi 45 segundos; por detrás, Javier Martínez Carracedo era 5º no seu Renault 5 GT Turbo e 1º clasificado da Top Ten Pirelli, separado de Díaz - Lamas por 6 segundos, co espectacular Javier Ramos Grille 6º no seu Ford Sierra, os irmáns Iglesias no Ford Fiesta R2 7º e 2º da Top Ten Pirelli, pechando o grupo dos 10 primeiros clasificados a loita polo Volante FGA entre Fran Oviedo (Citröen C2), Héctor Forneiro e Javier Bouza (Peugeot 206).

A mañá remataba de xeito prematuro ao ser neutralizada a segunda pasada por Monterroso trala saída de estrada do Clio Sport de José Souto, coas posicións de cabeza sen variacións. Ares e Bañobre aumentaban a vantaxe sobre os seus perseguidores, pero Adrián Díaz recortaba tempo a Alberto Meira e Alex Pais, despois de ser o máis rápido tras Ares en ambos tramos. Por detrás, Carracedo, Grille e Tino Iglesias mantiñan a posición, Victor López subía á 9ª posición a bordo dun Evo X, e Héctor Forneiro caía á 11ª praza da xeral.

Pola tarde disputábanse os tramos de Melide (11,3 km) e Palas de Rei (14,5 km). Na primeira pasada, Ares seguía mandando, mentres que Adrián Díaz seguía a recortar tempo respecto a Meira e Pais, quedando ao termo da primeira sección da tarde (na cal foi neutralizado Palas de Rei tras completar o recorrido a maioría dos participantes) separados os tres por menos de 19 segundos, con Meira a case 17 segundos dos Pais, pero coa loita polo podio entre estes e Díaz totalmente aberta. Carracedo seguía 5º, pero Grille recurtaba distancias con el, e acomodábase no 6º posto ao deixar xa a 1 minuto aos irmáns Iglesias, que tiña a López a menos de 7 segundos pese a unha penalización de 10 segundos; Javier Bouza era 9º, a pouco máis de medio segundo de López, e 1º do Volante FGA, mentres que Fran Oviedo pechaba o grupo dos 10 primeiros clasificados a menos de 3 segundos de Bouza.

Faltaba a repetición destes dous tramos e Ares - Bañobre disfrutaban dunha vantaxe de 1 minuto, pero seguiron ao seu ritmo e marcaron de novo os mellores tempos. Adrián Díaz e Andrea Lamas marcaban o segundo mellor tempo no tramo de Melide e superaban aos irmáns Pais na clasificación xeral do rali, que facían o 3º scratch, sendo o 4º neste tramo Alberto Meira. Díaz volvía a ser o 2º máis rápido en Palas de Rei (a tan só 7 décimas de Ares), mentres que Meira volvía a ser 4º, non podendo conter a Díaz, acadando deste xeito o campeón da Copa Suzuki a 2ª posición no seu estreno co Porsche. Por detrás Carracedo, Grille e Iglesias mantiñan as posicións, Dani Castro culminaba unha impresionante remontada co seu Peugeot 206 e situábase 7º, con Forneiro e Bouza pechando o "top 10" da xeral.

Clasificacions do Rally de Ulloa

Participación costeira

En canto a participación costeira, contábamos ca participación de Juan Lojo, copilotado por Álvaro Vila, co Evo X de AR Vidal, e con Manuel Lado, copilotado por Adrián Pérez, co seu Saxo. Lojo remataba na 15ª posición da xeral e 2º de grupo, colleitando uns puntos moi importantes de cara a acadar o campionato de grupo N.

Juan Lojo no Rali de Ulloa-Foto-Cristian Fernandez-Pe a Chapa Racing Juan Lojo no Rali de Ulloa-Foto-Cristian Fernández-Pé á Chapa Racing O Saxo de Manuel Lado-Foto-Jacobo Nunez O Saxo de Manuel Lado-Foto-Jacobo Núñez

Pola súa parte, Manuel Lado seguía coa súa aprendizaxe e conseguía rematar o rali:
Inscribimonos no rali poucos días antes de rematar o prazo, xa que un pequeno susto na anterior carreira e problemas de espalda fixéronnos sopesalo demasiado. Partimos o venres coa intención de disfrutar do que foi o noso terceiro rali do ano. Esa mesma tarde tomamos a saída do tramo espectáculo con algún contratempo, como fundirse a luz do copiloto, tendo que facer o recorrido sen notas. Como consecuencia diso, no último cruce fixemos un recto no que soamente perdemos tempo.
Os dous primeiros tramos do sábado transcurriron sen ningún problema. Ao rematar a sección, repostamos na gasolinera e nos dous seguintes tramos da mañá (un deles neutralizado) notamos que o coche rateaba por momentos, dando tiróns. Non sabíamos se a gasolina tiña algo que ver, xa que máis pilotos se queixaron tras repostar no mesmo sitio, ou se pola contra se trataba do fallo dalgún sensor.Na asistencia do mediodia, revisamos todo o coche para descartar problemas serios, e afrontamos a tarde co único obxectivo de chegar ao final.Rematamos os dous primeiros tramos da tarde, tocaba a última asistencia do rali e estrenar a parrilla de faros. Foi correndo estes últimos dous tramos cando nos demos conta de que a parrilla alumeaba demasiado alto, e os faros do coche (trala saída de carretera sufrida no anterior rali) facíano demasiado baixo, polo que a visibilidade era realmente limitada. Coa sensación de ir a escuras, e tras a neutralización da primeira pasada por un dos tramos, decidimos correr sen arriscar, ao non coñecer o estado da estrada.
Así foi como, sobre as dez e media da noite, estábamos entrando no parque pechado dun rali máis. Probablemente, o mellor dos tres feitos ata agora. Parece que nos imos acostumando a isto, e entendéndonos cada vez mellor entre piloto e copiloto, conscientes de que nos queda moito que aprender e mellorar: sobre todo, correr máis nas rectas e frear menos nas curvas.
Para rematar, quero dar as gracias a todos os que puxeron o seu gran de area, especialmente a todos os patrocinadores (Lennon Bar, Pub Palacín, Mobles Fogra, Loterías Costa da Morte, Autorecambios Barbanza, Ceecolor, Mármoles González, Autoescola Norte, Pastelería Silvia, Fríocee, Asegur O Pindo, Café - bar Nosa Terra, Distribuciones Guimareu, Bar O Xardín, Maderas Clemente, Panadería Pichín, Materiales Fandiño, Peluquería New Faces, Garaje Xallas, Diego16, Llantas Galicia, Circuito Ayrton Senna, Construcciones Pérez Vieites, e por último, e non menos importante, Talleres Corbelle Motor e Adrián Pérez, por encargarse da posta a punto do coche). E como non, a Gonzalo Villar e a Manuel Cábado por deixarnos compartir asistencia con eles, e ofrecerse a todo o que fixese falla.
Probablemente este fose o noso último rali da tempada, xa que exprimimos o noso presuposto ao máximo, aínda que nada é imposible.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios