Viven!

21:44 05/02/17
O líder da Liga da Costa, o Corme, tiña prácitcamente perdida a súa condición de invicto na visita á Picota, pero un sprint final miragreiro salvou a 'virxinidade' e minimizou o recurte dun Baio que sufriu e moito co Malpica; agás para Dumbría e Zas todo foron malas novas por arriba
Louro e Cerqueda xogaron un choque intenso - Foto: Edu Olveira
A piques estivo febreiro de estrearse no fútbol da Costa 2017 cun panorama inédito, ata o punto de que a condición de invicto do Corme, líder da competición, estivo virtualmente 'violada' durante a maior parte da xornada. Nun instinto de supervivencia metafóricamente semellante ao da historia do conxunto chileno de rugby contada en 'Viven', os bergantiñáns aferráronse ás súas opcións e foron quen de equilibrar un encontro deses que, seguramente, só saen cando as cousas veñen rodadas. A igualada foi moi benvida tanto en Verdillo coma en Ponteceso, nos respectivos desprazamentos triunfantes de ambos, así coma en Baio, onde o 'vicecandidato' sufriu e moito para derrotar a un Malpica que desputou un dos seus mellores partidos do curso. Hai exactamente tres choques de distancia entre o primeiro e o quinto clasificado o que deixa unhas trece xornadas finais espectaculares. Pero non só na loita polo éxito, senón tamén por unha permanencia con demasiadas mozas e polo menos tres billetes mercados. O incipiente e mellorado Laxe, o goleador e irregular Baíñas ou o competitivo e pouco resolutivo Porteño ocupan eses asentos, pero realmente non hai ningún conxunto o suficientemente malo que pinte claramente a equipo 'descendedor'.
As novas polas categorías nobres oscilan entre o negativo e o peor. Só o Soneira conseguiu sacar algo en positivo nunha Preferente que comprobou como é iso de ver perder ao Xallas. Os de Santa Comba estaban invictos desde hai uns meses e caeron na súa visita a Viveiro, na viaxe máis tediosa da tempada. Pola súa banda, o Sofán non pudo facerlle un favor ao Soneira e caeu en Sarria ante un conxunto que loita por sobrevivir. Só os vimianceses, que incluso mereceron máis ante o Paiosaco, deron un paso á fronte ante un conxunto con moito maior presuposto e experiencia.
Pola Primeira Dumbría e Sporting Zas camiñaron tamén na dirección correcta. Era tremendamente favorito o líder ante un Villestro con problemas de todo tipo, e non houbo lugar a dúbidas a pesares do curto do resultado. En Padrón os zascenses tiñan que vencer si ou si. E cumpriron. Son xa dous os partidos de marxe respecto á 'zona cero', e sobre todo unha certa sensación de solvencia ante semellantes. O que pinchou despois de case dous meses foi un Fisterra cun colchón aínda enorme respecto a calquera tipo de problema.
Na Terceira a vida segue prácticamente igual no que se refire ás sensacións: a de superioridade do Muxía, a de alternativa do Ameixenda e a de incertidumbre para os Lira, Nantón e compañía.

PreferenteNorte, xornada 23
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 21
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 21
LigaGalega Xuvenil, xornada 20
1ªXuvenil, Gr.2, xornada 16
1ªXuvenil, Gr.3, xornada 20
LigaGalega Cadete, xornada 20
1ªCadete, xornada 17
LigaGalega Infantil, xornada 19
1ªInfantil, xornada 19
LigaAlevínSur, xornada 15
LigaBenxamínSur, xornada 15LigasVeteranos, 1ª División
LigasVeteranos, 1ª División
Máisinformación
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.