Venres. 29.03.2024
El tiempo

Volei: Líderes

Volei: Líderes
O Voley Dumbría venceu ao Bruxas e xa é líder

O Volei Dumbría sumou a súa segunda vitoria en dous partidos (sen ceder nin un só set), tras superar na súa cancha ao Vitaldent Santiago Bruxas, e xa é o líder do grupo A da SuperLiga2, empatado co Emevé e o CV Boiro. Un acertado saque e bloqueo dos dumbrieses conseguiron superar as ilusións dun cadro santiagués que debutaba na categoría e que se estreaba diante da súa afección nesta temporada no pavillón de Bertamiráns.

SuperLiga2, xornada 2

  • Resultado: CV Bruxa - Voleibol Dumbría (0-3)
  • Parciais: 17-25, 24-26 e 17-25.

Os xogadores de Luís Alberto Fernández conseguirían a segunda vitoria, dominando o desenvolvemento do partido. O primeiro e o terceiro set serían un calco o un do outro, cos dumbrieses impoñendo o seu potencial e levando o partido ao seu terreo para impoñerse con certa facilidade no marcador e dando minutos a todos os seus xogadores. Tan só no segundo set os dumbrieses pasarían apuros no partido.

Tras un primeiro set moi cómodo, o exceso de relajación pasaría factura neste segundo set cunha gran cantidade de erros non forzados, que levarían o marcador a un 21-17 a favor do equipo local. O V. Dumbría non baixaría os brazos e tiraría de casta para darlle a volta ao marcador e situalo 21-22 tras unha boa racha de saques de Manu Marcote. A partir dese momento xa non cederían a vantaxe ata o 24-26 final.

A próxima xornada o Voleibol Dumbría recibe no PM O Conco de Dumbría ao Palencia, formado polos xogadores da Selección Española Junior. O partido será o sábado 20 ás 18:30.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-volei-dumbria-comeza-a-sua-terceira-temporada-na-superliga2-cunha-contundente-e-ilusionante-vitoria/

Comentarios