Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xallas e Dumbría animan o Mercado de Fichaxes “donClic”

Xallas e Dumbría animan o Mercado de Fichaxes “donClic”
Alex Canedo Pablo Vigo e Julian do Compostela ao Xallas Alex Canedo, Pablo Vigo (na foto do medio xunto a Doro) e Julian do Compostela aumentan a calidade do Xallas

Continúa o baile de fichaxes e seguimos actualizando a táboa “donClic” do mercado futboleiro. Hoxe temos que ir ata a Preferente, onde Xallas e Dumbría moven ficha.

Por Santa Comba, o equipo de Noé ademais da fichaxe de Borja Gándara, recén chegado do xuvenil División de Honra do Santiago, suma 3 novidades de gran entidade. Álex Canedo, escollido como un dos Mellores Centrais da Liga na Gala QPC deixa o Baíñas despois dun temporadón para volver á Preferente. Pablo Vigo volve á que foi a súa casa cando era bicolor, para seguir apuntalando a defensa. E dende Compostela chega o dianteiro Julián, que o ano pasado só puido disputar, por motivos laborais, media temporada.

Operación Retorno

Jose Marcote este ano no CD As Pontes Jose Marcote estivo este ano no CD As Pontes

O novo Dumbría de Diego Lobelos, baixo a dirección deportiva de Óscar Leis, parece que busca o retorno de antigos xogadores. O primeiro, o fisterrán José Marcote que volve a casa despois do seu paso polo Racing de Ferrol e o CD As Pontes da 3ª División.
O club anunciaba ademais estes días a renovación de Diego Cespón, Aarón, Bouzi, Iago, Rivi, Jose e Raúl.

Máis información

 

Máis movementos de verán

Fonte

Comentarios