![liga-xadrez-fedanpas]()
120 estudantes participaron na primeira xornada da Liga de Xadrez organizada pola Fedanpas que tivo lugar o sábado en Ponteceso
Un total de 120 nenos e nenas de entre 6 e 16 anos participaron o pasado sábado en Ponteceso na
1ª xornada da liga de xadrez, organizada pola Federación Provincial de ANPAs da Coruña - Costa da Morte e os clubes de xadrez de Arteixo e Cabo Touriñán de Muxía.
Para a maioría dos participantes, era a primeria vez que acudían a un torneo de xadrez polo que a experiencia resultoulle lúdica e satisfatoria, xa que o que se prima é a inclusión e o fomento deste deporte que cada día gaña máis adeptos na bisbarra.
Próximas citas
As vindeiras citas desta I Liga de Xadrez serán o vindeiro sábado, 4 de novembro, en Carballo e o 18 de novembro en Mazaricos. Dende a organización agradecen a colaboración dos concellos nos que se realizan as xornadas así como o das firmas patrocinadoras - Feiraco e Trina - que ofrecen productos para que ao remante da xornada os participantes desfruten dunha merenda.
A xornada en imaxes
![liga-xadres-ponteceso]()
Na liga compiten rapaces e rapazas de 6 a 16 anos
![liga-xadrez-ponteceso2]()
Para algúns foi a primeira vez que participaron nun torneo
![liga-xadrez-ponteceso3]()
Un dos participantes da 1ª liga de xadrez da Fedanpas
![liga-xadrez-ponteceso4]()
Un dos participantes da 1ª liga de xadrez da Fedanpas
![liga-xadrez-ponteceso5]()
Ao remate da xornada, e grazas á colaboración de empresas como Feiraco, os participantes compartiron unha merenda
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Federación Provincial de ANPAs da Coruña - Costa da Morte.