Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Xornada de aprendizaxe a nivel galego para os taekwondistas da Costa

Xornada de aprendizaxe a nivel galego para os taekwondistas da Costa

Boas novas para os depoirtes de contacto da Costa da Morte. O pasado sábado 26 de novembro celebrouse en Noia o Campionato Galego Absoluto de Combate. O Arte e Movemento presentou dous deportistas Juan Luis Lista e Uxía González. Se ben, como xa se esperaba, dado o alto nivel a nivel nacional, volveron sen ningun metal pero o seu adestrador Juan Carlos volveu satisfeito co traballo dos deportistas que fixeron un moi bo papel.
En especial mencionou a Uxía González que estivo empatada ata que nos últimos minutos foi derrotada e quedou a 2 puntos de acadar o podio.

Ambos deportistas teñen o cinto marrón pero nesta competición competiron sen distinción de cintos, competindo contra cintos negro de altos "dan". Por iso é o Campeonato Galego Absoluto, un lugar excepcional para seguir aprendendo.
De feito, ese foi o propósito de asistir a tal competición na que os dous mozos con 16 e 15 anos respectivamente aprenderon moito durante toda a xornada. Competiron contra Campions Galegos, Campions de España, de Europa e do Mundo, xa que o Taekwondo Galego logrou dististos títulos ó largo dos últimos anos.

Vindeira cita en Vilalba

O Clube Arte e Movemento acode este sábado 3 de decembro ao Campionato Galego Junior 2011 de Taekwondo de Combate. A cita será no Pavillón Polideportivo Municipal de Vilalba, e o clube costeiro presenta a 3 deportistas:

  • Juan Luis Lista (Muxía).
  • Juan Alvarellos (Cee).
  • Uxía González (Vimianzo).

Trátase do Campionato Galego de combate 2011 para o grupo de idade xunior: deportistas nados nos anos 1995, 1996, 1997 e 1998. É unha competición similar ao Campionato da semana pasada pero coa diferencia de que tódolos deportistas están dentro do mesmo grupo de idade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.

Comentarios