Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xuco, oportunismo nos últimos minutos para o Coristanco

Xuco, oportunismo nos últimos minutos para o Coristanco
O seu foi chegar e bicar o santo. Tres goles en tres encontros, e un máis de córner directo que o colexiado apuntou a Brais, o gardameta do Buño. E o que é máis importante para o Coristanco, goles que dan puntos, e sobre a bocina. No partido no que debutou ante o Lira, anotou á volta do descanso para igualar un tanto de Bruno, e no último minuto colleu o balón para lanzar unha falta dende o borde da area e espetala na escadra, para o 3-2 definitivo. E o domingo, nun partido dos de Canal Plus, aló polas 10 da noite anotou o 0-1 ante o Baíñas, que dou tres novos puntos, importantísimos, ós verdes da Rocheira. É Sergio Souto, máis coñecido como Xuco nos ambientes futbolísticos. Goleador de raza, deses que teñen algo especial na mirada cando ven a portería diante, dinos que "a adaptación ó Coristanco está sendo rápida, porque o estilo de xogo favoréceme moito ás miñas cualidades" Formado na base do Santiago de Compostela, pasou por Dubra, Tordoia e Portomouro, onde se fartou de marcar goles e foi fichado pola S.D.Sofán para xogar en 1ª Galicia, equipo co que ascendeu a Preferente. O ano pasado e ata mediados deste xogaba de volta no Tordoia, e o Coristanco, tras moito pelexar, conseguiu incorporalo para disputar as últimas xornadas de liga. "Nunca me cadrou decir que tipo de xogador me definiría pero ó meu entender considérome un xogador polivalente". Xuco é un futbolista moi hábil co balón no pé, e mortal cerca da area. O seu poderoso disparo é o terror dos gardametas rivais. O rapaz dinos que "ó Coristanco espero aportar traballo , sacrificio e se teño sorte, moitos goles" QPC - Que equipo te atopaches en Coristanco? Xa coñecía a bastantes xogadores, e atopeime un equipo moi unido , competitivo , e con moitas ganas de demostrar moito nesta liga da costa tan competitiva. Somos un equipo humilde e estou a ver nos partidos o que máis ou menos xa me esperaba. QPC - É a primeira vez que xogas na liga da costa. Que opinión tes sobre o que viches nestes tres partidos? Xa a seguía antes de poder disputala pero paréceme unha liga moi competitiva, na que tanto lle ganas ó líder como perdes co ultimo. Polo ambiente que hai nas gradas, que é espectacular como o viven e como apretan do minuto un ó ultimo, é unha liga que lle recomendo a calquera xogador. QPC - O teu adestrador insistiu moito na fichaxe. Ó adestrador Pensado coñecino na miña época en Sofán e como persona non podo decir nada malo del. Axudoume bastante a volver ós terreos de xogo despois de 5 meses lesionado, e quero darlle as gracias por confiar en min. Non é fácil ser adestrador dun equipo tan humilde pero creo que o estamos a facer moi ben e espero que él e o equipo cumpla o obxectivo da permanencia. QPC - Onde te ves nun futuro? Todavía eres xoven e tes moito fútbol nas botas. Se son sincero teño unha espiña clavada en Sofán, un equipo que me esinou moito, me fixo crecer como persona e como xogador. O ano que xoguei alí as lesións e o feito de que había un equipazo non me deixou demostrar o meu fútbol, e por iso quero facelo ben e demostrarlle ós que confiaron en min aquel ano que podo estar competindo mais arriba. QPC - Por qué non triunfaches en Tordoia? Pois as lesións non me deixaron moito que facer para poder triunfar. O Tordoia axudoume moito e confiaron en min pero tiven moi mala sorte coas lesións. Dende aquí quero darlle as gracias por confiar en min, e pedir disculpas polas maneiras nas que saín do club, que non foron as mellores e que eles non merecían.

Comentarios