Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xuvenís: Arrincou por fin a L.U.X.

Xuvenís: Arrincou por fin a L.U.X.
Imaxe do Cabana-Muxía nas Redondas Imaxe do Cabana-Muxía nas Redondas Comezou por fin a Liga Unificada Xuvenil costeira. 17 equipos en marcha, 8 partidos e só un empate na primeira xornada. E coma sempre, en QPC traeremos as crónicas cada tarde de martes, gracias a colaboración de todos os adestradores da categoría. Xa se albisca algún nome por aí arriba, como ese Ponteceso campión da pasada Copa, que venceu a outro dos, a priori, sempre favoritos como é o Xallas. O campión da pasada liguilla dos campións, xa co nome completo, o San Lorenzo, tamén comezou vencendo, aínda que sufrindo máis do debido ante o debutante, o Soneira. Pero haberá que estar atentos tamén ao Fisterra, armado con varios nomes salientables, o propio Corme ou a Esteirana, que comezaba coa goleada da xornada, xunto á do Cabana. Xa sabedes tendes que as táboas de resultados, horarios e clasificacións está sempre accesible en www.futboldacosta.com:  

Baio - Outes (3-4)

  • Baio: Julián, Iago, Pablo Queiro (Jose, m.75), Manuel María, Sergio, Mohedano, Santi (Damián, m.50), Raúl, Regueira e Anxo.
  • Outes: Antón, Álvaro, Alberto, Cristian, Nieto, Ryam, Boris, Josiño, Nico, Marta, e Fabián. Tamén: Siro, José, Ángel e Joel
  • Goles: 0-1, m.22: Ryam; 0-2, m.24: Alberto; 0-3, m.33: Josiño; 1-3, m.35: Jose; 1-4, m.40: Nieto; 2-3, m.68: Pablo Queiro; 3-4, m.78: Anxo.
O Baio-Outes do venres serviu para abrir a temporada xuvenil O Baio-Outes do venres serviu para abrir a temporada xuvenil Vitoria do Outes no Pratas Reinoso nun choque que comezou co cadro baiés esquecido na apatía. Os de Lodeiro comezaron moi fortes, con moita efectividade, meténdose con 0-3 á media hora. Pola contra, os de MC e Bieito carecían da intensidade que requiren os partidos ligueiros. Na segunda o Baio mellorou e o Outes baixo o nivel sobre todo pola falta de efectivos antes as baixas. Apretou o cadro baiés e tivo ocasións para empatar nos últimos minutos, por medio de Anxo e Sergio que parou ben Antón, e finalmente a remontada non se chegou a completar.  

Fisterra - Corme (3-1)

  • Fisterra: J. Carlos, Cristofer, Ángel, Juanfran, Gabi, Miguel (Pichino, m.60), Ezequiel (Manu, m.63), Dani (Benlloch, m.80), Iván Escarís (Diego, m.45), Aarón (Sanxixo, m.73) e Isaac.
  • Corme: Lucas, Pandi, Brais, Aitor, Fran, Martín, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Manu Bermúdez e Samu. Tamén: Roque, Miguel, Noel, Ángel e Alex.
  • Goles: 1-0, m.25: Isaac; 2-0, m.31: Iván Escarís; 3-0, m.39: Isaac; 3-1, m.72: Miguel.
Partido moi intenso, con accións ao límite con dous equipos moi atrevidos e con, se cadra, demasiada tensión. De feito, nun par de xogadas houbo varias enganchadas provocando a expulsión do fisterrán Cristofer. Despois duns primeiros minutos tensos e igualados o Fisterra íase facendo co balón. Metíase con clara vantaxe pero ao quedar con 10 o Corme veuse arriba na segunda metade tendo o Fisterra que aguantar as embestidas e probar con algunha contra. En todo caso, parece que serán dos dous equipos destacados do curso. Con Isaac e Ezequiel, xa xogando co primeiro equipo, o cadro de Pablo Lestón ten pinta de apuntar alto, mentres que os de Lelo, cos Manus cada vez máis experimentados, terán tamén moito que dicir na categoría.  

Cabana - Muxía (10-2)

  • Cabana: Roberto (Marcos), Alberto, Rubén Reigía, López, Dani, Samuel (Rubén Antelo), Yago (Óscar), Castro, Simón, Manuel e Cristian.
  • Muxía: Liñeiro (Roi), Louzán (Martín), Marcelino, Rodri, Vilela, Borja, Evaristo, Manolo (Fidalgo), Cheo, Iván (Pabliño) e Miguel.
  • Goles: Alberto (2), Cristian (2), Simón (3), Manuel (2) e Castro para o Cabana. Marcelino e Evaristo para os muxiáns.
Minuto de silencio nas Redondas O Cabana-Muxía comezou cun minuto de silencio polo pasamento do pai do presi cabanés, Míchel Non reflexa o marcador o que se viu no campo, pois a pesar da goleada o Muxía estivo ben prantado no campo, creando problemas con balóns longos ás costas da defensa cabanesa e creando boas ocasións que non materializaba. Pero a eficacia dos de Fernando foi clave. En 10 minutos xa se marcaran 3 goles, pero foron os 5 minutos entre o m.25 e o m.30, cun penalti e dous goles consecutivos, os que romperon definitivamente o partido. Na segunda metade, os de Romaní deixáronse ir. Un equipo o muxián que notou que lle falta un campo de adestramento (Arliña está en obras) para traballar sobre todo a faceta defensiva.  

Os Miúdos - Corcubión (3-3)

Os Miudos Xuvenil 17-18 Os Miudos Xuvenil nesta 17-18
  • Os Miúdos: Alberto, Xián, Gesto, Isma, Dani, Abel, Ismiña, Josiño, Siera (Sergio, m.46) (Bruno, m.65) (Flavio, m.72), Gael e Riomao (Xavi, m.60).
Corcubion Xuvenil 17-18 O Corcubion Xuvenil nesta 17-18
  • Corcubión: Marcos; Mesejo, Fran, Sergio, José Ángel; Samu, Jon, Xuli; Lagoa, Saulo, Luis Lojo. Tamén: Oca, David e Abel.
  • Goles: 0-1, m.3: Saulo remata unha boa xogada por banda de Lagoa; 1-1, m.24: Siera; 2-1, m.49: Abel; 2-2, m.70: Samu; 3-2, m.80: Xavi; 3-3, m.90: Jose Ángel.
Os Miudos e Corcubion xuvenis no Eleuterio Balayo Os Miúdos e Corcubión no Eleuterio Balayo Partido igualadísimo no Eleuterio Balayo ata o pitido final. De feito, tras varias alternativas no marcador o choque remataba en empate cun gol no último suspiro do cadro corcubionés, tras 90 minutos de numerosas ocasións para os dous bandos. Comezaba pegando moi pronto o Corcubión, pero Os Miúdos apretaban arriba e mediado o primer tempo marcarían o gol do empate por medio de Siera. Os porteiros foron protagonistas con varias paradas de mérito cada un. Na segunda parte o mesmo que na primeira, con ocasións falladas de ambos equipos. Nun corner adiantariase os Miudos e minutos máis tarde Samu marcaría o gol do empate nunha xogada a balon parado. Cara o final volveriase a adiantar o Miudos, e no ultimo minuto de partido empataría Jose Angel a “bocajarro” tras un gran pase do porteiro suplente Abel convertido en extremo.  

Camariñas - Esteirana (0-11)

  • Camariñas: Sergio, Fran, Gabri, Facun, Joseba, Luís, Brais, Anxo, Adrián Bardanca, Hugo e Manu Pasantes. Tamén: Eric e Moha.
  • Esteirana: Alex de Yi (Dani Curriño, m.75), Joaquín, Kevin, David Pais, David (Rodrigo, m.55), Rubén, Álex de Dina, Jaime (Xián, m.70), Benji, Carajillo (Roberto, m.53) e Iker.
  • Goles: Jaime (3), Álex de Dina (2), Íker (4), Benji.
Gran partido dunha potente e mandona Esteirana que dominou o control do balón en todo momento. Adrián Bardanca intentaba aguantar do equipo camariñán levado por Víctor Bahía e Luís Rodríguez pero non podía coas embestidas dos de Josiño Alves. Puido ser maior a renda pero ao descanso o marcador apenas sinalaba un aberto 0-2. En 10 minutos despois do descanso xa rompeu o partido o cadro visitante e o Camariñas se viña abaixo fisicamente.  

San Lorenzo - Soneira (3-2)

  • San Lorenzo: Benjamín, Fidalgo, Ález Fernández, Eloy, Iván Cancela, Jose, Aarón, Ivito (Fidi, m.60), Pablo Garrido, Martín (Darío, m.80) e Brais.
  • Soneira: Christian, Damián, Esteban, Jorge, Raúl, Pablo, Sergio, Álex, Fran, Edgar e Lucas. Tamén: Alex Rey, Santi, Nico, Cristian Canosa e Sebas.
  • Goles: 1-0, m.35: Aarón tras unha gran xogada de Jose; 1-1, m.52: Sergio; 2-1, m.68: Aarón tras xogada de Fidalgo; 2-2, m.70: Fran de penalti; 3-2, m.80: Iván Cancela.
Arrincou a tempada para un San Lorenzo chamado a estar moi arriba despois do éxito do ano pasado, e un Soneira miúdo, con moitos xogadores de primeiro ano, que se prantaba nas Pedreiras con varias baixas importantes pero que soubo competir ata o último suspiro. Comezaba o choque dominado polo San Lorenzo dende a posesión, aínda que era o Soneira o que tiña un par de ocasións á contra. Era o equipo de Juni o que se metía por diante co tanto de Aarón, que volvía ter unha gran ocasión tras regatear ao meta soneirán para ampliar a renda antes do descanso pero un defensa salvaba baixo paus. Subían filas os de Roland e Pichón e comezan a ter ocasións máis claras e ter máis presenza no noso campo. Así empata o equipo soneirán pero o San Lorenzo non recae e se pon por diante de novo por medio de Aarón nunha xogada na que resulta mancado o meta soneirán, Chris, cunha brecha na cabeza. Pero o partido continúa o seu toma e daca constante, e de novo tras un balón longo á banda esquerda por parte do Soneira, e tras o centro o balón da no brazo de Fidalgo e o colexiado sinala penalti que non perdoan os visitantes. Cambiaba o balón de lado e volvía ser o San Lorenzo o que se volcaba sobre o campo contrario nos últimos minutos, ata que a falta de 10 para o remate, tras o rexeite dun córner Aarón cede para Iván Cancela que de forte disparo pon o 3-2. Aínda tivo o equipo visitante unha ocasión para acadar o empate pero o tiro de Pablo fai lucirse ao meta Benja, un dos destacados do curso pasado, botando o balón contra o longueiro.  

Xallas - Ponteceso (0-2)

Ponteceso Xuvenil 17-18 Ponteceso Xuvenil nesta 17-18
  • Xallas: Fabián, Nando, Pablo, Fabián, Dani, Calo, Brais, Mourelle, Adrián, Manu e Peque.
  • Ponteceso: Damián, Adrián Pose, Raúl, Jorge, Brais Ceán, Luca, Loureiro, Aarón, Pop, Mussi e Iván Rodríguez. Tamén: Jose, Lucas, Sergio Anido, Parafita e Pablo.
  • Goles: 0-1, m.36: Jorge nun córner: 0-2, m.89: Iván Rodriguez.
Con 11 (e 4 cadetes) presentábase este novo Xallas de Juan Prado por mor das baixas, ante un Ponteceso campión de Copa, nun dos partidos a priori máis atractivos desta primeira xornada. Foi un choque tremendamente igualado, no que os de Gurita levaron o control do balón, como gustan de xogar. En todo caso, o Xallas aguantaba cun Fabián que sacou moitos balóns, e tamén sacaba afiadas contras como as que protagonizou Manu, facendo lucirse ao meta pontecesán. O choque estivo aberto ata o minuto final, pois o empate puido ter chegado antes de que o Ponteceso sentenciase xa co tempo cumplido.  

Sofán - Laxe (5-0)

Sofan xuvenil 17-18 Sofan xuvenil para esta 17-18
  • Sofán: Martín Periscal, Alberto, Diego Pallas, Gabri, Nacho Eirís, Sebas, Eloy Cabeza, Sergio Pombo, Sergio García, Nacho Moreno e David López. Tamén: Adrián, Iván, Fernando, Alex Fidalgo e Ángel Cotelo.
  • Laxe: Pablo, Enrique, Casas, Julián, Iago, Edu, Miguel, Samu, Álvaro, Jesús e Juanillo. Tamén: Urkiza e Iván.
  • Goles: David López (4) e Nacho Moreno.
Clara dominadora do partido a SD ante un bo Laxe, que chegou con apenas 13 xogadores e que aguantou os primeiros 45 minutos sen recibir goles, a pesar das numerosas ocasións dos locais. Pero saíron moi enchufados os de Javier Cabeza que abrían pronto o marcador, soltaban a ansiedade comezando a practicar o seu fútbol pechandp o partido cun claro 5-0, cunha estelar actuación de David López, que anotou 4 tantos. Pola súa banda, o cadro de Saleta e Dani Argüelles tivo a súa mellor ocasión nun tiro de falta do capitán que parou o meta Martín Periscal e pegou no pau. Os laxenses aínda teñen moito percorrido, con dous novos adestradores con gañas de aprenderlles moito aos rapaces e de dar guerra nesta liga.  

Novas relacionadas

Máis información

  • www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.

Fonte

Comentarios