Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Esperando o gran choque

Xuvenís: Esperando o gran choque
Camarinas-San Lorenzo pasado por auga O Camariñas-San Lorenzo foi pasado por auga

5 claras goleadas en partidos sen historia, e dous partidos igualados deixou a xornada sabatina no fútbol xuvenil costeiro. Salvando o temporal, a atención da xornada centrouse en Baio, onde o Corme a piques estivo de sacar algo positivo ante o poderoso Corme, líder invicto da competición.

A apurada vitoria deixa aos cormeláns con 4 puntos de vantaxe sobre o Sofán, que se mantén na 2ª praza tra golear ao Laxe. O cadro vermello ten un punto máis que o Fisterra, pero conta con dous partidos máis que uns fisterráns que non fallaban e goleaban ao Ponteceso.

Tamén goleaban os Miúdos ao Zas, manténdose moi metido na pelexa a só 2 puntos do Sofán; e igual acontece coa Esteirana, que tamén vencía con claridade ao Cee e queda a 3 dos carballeses. Aínda con opcións de loitar pola segunda praza está o Cabana, a 5 do Sofán pero tamén con dous partidos menos; e mesmo o Soneira, un punto por debaixo dos cabaneses.

A vindeira semana toca un dos partidos claves da temporada, que enfrontará ao Corme e ao Fisterra no Cairo.

 

Baio - Corme (0-1)

  • Baio: Cedrón, Miguel, Ariel, Yago, Manuel, Íñigo, Samuel, David, Tinciño, Raúl e Pablo. Tamén xogaron: Ezequiel, Adrián, Torrado, Pose.
  • Corme: Lucas, Ángel, Noel, Aitor, Martín Méndez, Eloy, Javi Bermúdez, Martín Costa, Alex Mato, Manu Garrido e Manu Tasende. Tamén: Manu Cancela, Xoel, Alexandre e Miguel.
  • Gol: 0-1, m.7: Eloy Villar.

Partido pasado por auga, con lixeiro dominio do líder mentres corría o balón polo campo. Así se adiantaban os visitantes moi pronto por medio de Eloy. E despois o partido de “waterpolo” foi tremendamente igualado. Sen fútbol, ningún dos dous equipos puideron facer nada, e houbo que esperar ata o pitido final con incertidume de calquera sobresalto.

Os cormeláns botan de menos a Mauro e Samuel, que volverán nun mes, aproximadamente.

 

Xallas - Soneira (1-1)

  • Xallas: Brais, Iván, Héitor, Víctor, Guillón, Adrián, Manu, Brais García, Pablo, Kevin, Brais Blanco. Tamén: Fabián, Iván García, Mourelle, Barbeira e Brais Calo.
  • Soneira: Chris, Dami (Álvaro, min.75), Chasko, Jorge, Rauliño (Santi, min.82), Alex, Nico, Edgar (Chimi, min.56), Cris Canosa, Brais e Fran.
  • Goles: 1-0, m.21: Brais; 1-1, m.44: Cris Canosa.
Xallas-Soneira xuvenil O Xallas-Soneira foi igualado pero o campo non aguantou

Partido condicionado polo terrible estado do terreo de xogo, completamente anegado pola chuvia, cun Soneira que segue pagando caro ás baixas e a falta de acerto cara gol. Así, comezaba o choque mandando, por medio de Fran Moreira, dous balóns á madeira, e dúas ocasión nas que Brais se plantaría só diante do porteiro pero esbaraba.

Porén, nunha contra os xalleiros rompían a igualada, cun tanto de Brais. Pero o Soneira seguiría chegando con moito perigo e Cris Canosa tería un man a man pero tiraría fora e antes de entrar nos vestiarios Cris faría o empate tras un bo pase de Brais.

Na segunda parte o terreo de xogo estaría impracticable e o balón apenas se movería.

 

Todas as crónicas do Fútbol Xuvenil

https://quepasanacosta.gal/xuvenis-un-xesto-de-deportividade-e-unha-tangana-marcan-a-xornada/ “Xuvenís: Os empates de Corme e Os Miúdos devolven ao Fisterra á loita e mete ao Soneira como gran tapado” — Que pasa na costa

Comentarios