Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Xuvenís: o adestrador do actual campión, Juni, analiza o inicio ligueiro.

Xuvenís: o adestrador do actual campión, Juni, analiza o inicio ligueiro.
Arriba: Juni, Diego Fidalgo, Álex Fernández, Jose, Cotelo, Álex Rodríguez, Darío, Benjamín, Brais. Abaixo: Aarón, Alberto, Eloy, Alberto Fidalgo, Esteban Faltan: Iván Cancela, Pablo Garrido, Iván, Martín, Rubén, Brais. Arriba: Juni, Diego Fidalgo, Álex Fernández, Jose, Cotelo, Álex Rodríguez, Darío, Benjamín, Brais. Abaixo: Aarón, Alberto, Eloy, Alberto Fidalgo, Esteban Faltan: Iván Cancela, Pablo Garrido, Iván, Martín, Rubén, Brais. Juni e Rudi do San Lorenzo Juni, con Rudi ás Costas, do San Lorenzo, celebrando un gol o ano pasado antes de sufrir a lesión Esta fin de semana comenzan as ligas xuvenil e infantil da Costa. E quen mellor que o adestrador do equipo campión, As Pedreiras, agora xa co nome de San Lorenzo coma os seus maiores, para facernos unha análise do que nos espera. É Alejandro Rodríguez Gómes, Juni, goleador do primeiro equipo, que fai uns días sufría unha importante lesión de xeonllo que o manterá apartado da 1ª Autonómica un tempo. Perdemos de disfrutar dun gran dianteiro, pero quen sabe si atopamos un proxecto de bo adestrador. No seu primeiro ano nos banquiños, onde contará coa axuda de Brais Cancela, cóntanos como está a vivir a experiencia.  QPC - Como afrontas a túa primeira experiencia nos banquiños? Afróntoa con toda a ilusión e ganas de traballar do mundo. Tiña moitas ganas de poder coller un equipo dende fai unhas tempadas, e agora que o traballo mo permitía  e o San Lorenzo me deu a oportunidade non o dubidei. O certo é que non me prantexara o comezar nunha categoría xuvenil, así de boas a primeiras. Nun primeiro momento sempre pensas nun comezo con idades máis baixas (benxamíns, infantís ou algo polo estilo) pero estou tremendamente agradecido de que o club confiase en min e me permita traballar cun equipo que a tempada pasada demostrou poder dar un gran nivel futbolístico, do cal espero beneficiarme como adestrador para aprender e desfrutar o máximo posible.    QPC - Que obxetivos tes para esta tempada a nivel individual e grupal? A nivel individual pretendo aprender o máximo posible  da experiencia e sobretodo, que o meu traballo se poida ver reflexado na mellora do equipo en xeral e de cada xogador en particular. Xa que creo que o obxetivo das categorías de base debe ser sempre que os futbolistas melloren o máximo posible as súas condición cada tempada, independentemente dos resultados que se logren. Mentres que a nivel grupal, gustaríame que o bo ambiente presente se manteña ó longo de toda a tempada. Ao igual que a intensidade e predisposición ó traballo que vexo nos rapaces, para o cal considero imprescindible manter un nivel competitivo semellante ao da tempada anterior, que nos traía bos resultados e nos permita perseguir metas clasificatorias canto máis altas mellor.    QPC - Que tal equipo crees que tes para competir este ano? Penso que temos un gran grupo de xogadores.  Evidentemente, os que continúan xa demostraron que teñen un nivel moi alto para a categoría, a parte de contar xa con esa experiencia de equipo que logrou ser campión. Mentres que as novas incorporacións me sorprenderon moi gratamente, sen excepcións. Seguramente soe a tópico, pero vexo un equipo moi equilibrado no cal calquera dos 18 xogadores podería ser titular. Con todo isto, espero ser quen de sacar o mellor de cada un deles e volver a competir ó nivel da tempada pasada.    QPC - Notaredes as baixas de homes importantes do equipo campeon do ano pasado? Está claro que acabaron xogadores moi importantes nos éxitos da campaña anterior, chega con ver como prácticamente todos eles deron o paso ó primeiro equipo. Sin embargo, creo que isto non nos debe afectar, porque continúan 10 xogadores dese equipo, así como unhas incorporacións que, penso, suplen con garantías as saídas.   QPC - Cal é a tua opinion sobre que os equipos da costa non sexan capaces de competir ben nas promocións de ascenso? Non é unha cuestión fácil de analizar. O certo é que sí parece que non damos coa tecla para acabar de dar o salto a categorías superiores. Sen embargo, vexo isto como unha cuestión circunstancial xa que estou seguro que o nivel futbolístico dos nosos rapaces nada ten que envidiar aos demáis. Máis ben, todo o contrario. Chega con mirar o que sucede nas categorías senior, nas cales ninguén dubida do potencial dos equipos costeiros con respecto a outros, e estes equipos están compostos na mayoría por futbolistas da zona sacados das súas categorías de base.    QPC - A nivel persoal, como levas a grave lesión que sufriches fai unhas semanas? Pensando xa en voltar os campos? Pois a lesión chegoume no peor momento posible, tanto a nivel laboral como deportivo. Estaba a punto de debutar nunha categoría na que nunca xoguei, tras 3 anos de intenso traballo logramos o ascenso e estaba moi ilusionado con poder defender a camiseta do San Lorenzo pola primeira autonómica. E en canto ao labor co equipo xuvenil tamén me condiciona notablemente, xa que teño a movilidade da perna bastante limitada. Pero coa axuda da directiva, e mención especial ao xogador do primeiro equipo Brais, que me axuda en todo o que está na súa man como segundo adestrador todo é moito máis levadeiro. Con respecto ó de voltar a xogar, está claro que a alguén que disfruta tanto como eu o fago deste deporte a idea non se lle pode sacar da cabeza. Pero sinceramente, esta tempada vexoa moi complicada, xa que un mes despois de romper cruzado e menisco sigo igual que estaba; a espera dunha operación da cal ninguén é capaz de darme sequera unha data apróximada. Espero poder pasar por quirófano o antes posible e poder comezar a realizar unha vida normal tan pronto poida, recuperarme ben, sen presas. E de momento focalizar estas ganas de fútbol no San Lorenzo Xuvenil.   QPC - O dito, toda a sorte do mundo para Juni, sobre todo nesa recuperación, a ver se o podemos ver pronto atacar as porterías rivais con esa velocidade e puntería que o caracteriza. E mentras, a velo a el e ó magnífico equipo do San Lorenzo xuvenil polos campos costeiros. Sen dúbida será o rival a batir.        

Comentarios